Skip to Content

L. Estranxeira - Inglés

Departamento de Inglés

A Nosa Oferta de Programa Plurilingüe.

Durante o curso 2018/2019 o I.E.S. Terra de Turonio completa o desenvolvemento do proxecto de centro plurilingüe, polo que neste curso 2019/2020, en 1º curso de ESO impartimos a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (EPVA) en Lingua Inglesa para todo o alumnado. En 2º ESO  impartimos a materia Música en Lingua Inglesa, en 3º nivel impartimos a materia de EPVA en lingua Inglesa para todo o alumnado de 3º de ESO,  en 4º nivel  impartimos as materias de EPVA e TIC en lingua Inglesa.

Neste curso  no 1º e 2º nivel haberá desdobres:  se divide a clase en dous subgrupos por orde alfabética para impartir as clases en pequeno grupo e ofertar así unha atención individualizada.

 Este  curso contaremos cun novo  auxiliar de conversa nativo do Reino Unido que virá para completar a oferta educativa de linguas estranxeiras no centro, trataremos que atenda ao máximo número de grupos de alumnado no centro, pero priorizando as clases plurilingües de Educación Plástica e Visual e Música do 1º ciclo e ao alumnado participante nas distintas seccións bilingües do centro de Educación Plástica e Visual de 3º e 4º  nivel e TIC en 4º nivel.

 

Membros do Departamento e horario de atención a pais e nais.

Xefa do Departamento: Ana María Iglesias Torres. Profesora de 1º A/B/C e 2º A/B/C 

Horario de atención a pais e nais: MÉRCORES de 11:10 a 12:00

Teresa Illanes Puente. Profesora de 1ºA/B/C e 4º A/B/C. 

Horario de atención a pais e nais: VENRES de 11:10 a 12:00

Juan Ramón Guinarte Pose. Profesor de 2ºA/B/C e  3ºA/B/C.

Horario de atención a pais e nais: MARTES de 12:30 a 13:20.

Auxiliar de conversa:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut