Skip to Content

Admisión ao Ciclo

Información xeral sobre admisión a ciclos

Para realizar estudos do ciclo medio de Actividades físico-deportivas no medio natural, como somos un centro docente sostido con fondos públicos é necesario, además de cumplir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas (baremo) para cada centro educativo e para cada ciclo formativo así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización de matrícula.

O total de prazas para o ciclo é de 22, que se reparten da siguiente forma:

GRUPO A: ata un 70 % das prazas ofreceranse ás persoas que teñan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria (o noso é un ciclo de grao medio)

GRUPO B: Un 20 % de las plazas  ofreceranse a aqueles que posúan un título profesional básico ou teñan o acceso a ciclos de grao medio dun programa de cualificación profesional inicial. 

GRUPO C: Un 10 % das prazas ofreceranse a aqueles que teñan superada a proba de acceso para os ciclos formativos de grado medio ou a os que teñan outros requisitos de acceso recollidos na normativa.

Na páxina web de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria atópase a información completa e detallada de todos os temas relacionados cos ciclos formativos (oferta, solicitudes de admisión, etc.)

Para acceder á web de Formación Profesional da Consellería pulsa aqui

Para acceder a información sobre o proceso de admisión pulsa aqui

Para a admisión de grao medio pulsa aqui 

Para acceder á solicitude de admisión via web pulsa aqui

Distribuir contido


by Dr. Radut