Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Adaptacións das programacións Bioloxía e xeoloxía e Ciencias Aplicadas Curso 2019-2020

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as adaptacións das programacións do curso 2019-2020 motivadas polas circunstancias da pandemia do COVID19

Campaña a prol da compostaxe en Gondomar

O pasado mes de marzo a cadea de televisión TELEVIGO interesouse pola campaña que está a desenvolver o alumnado da asignatura Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º de ESO. Visitaron a composteira de Gondomar e máis o instituto e fixeron unha reportaxe sobre este tema con entrevista a Silvia e a alumnos que participan na campaña.

 

Reportaxe emitida no programa Plató Abierto de TELEVIGO sobre o programa de reciclaxe que se desenvolve no instituto.

 

O noso xardín

Os alumnos de primero traballaron poñendo en valor as árbores e arbustos do noso xardín. No noso blog podedes ver uns videos explicativos dos mesmos. 

Concurso "A MELLOR ECOAULA"

Esta semana comezou un novo concurso no centro: A mellor ecoaula. Aquí

tedes un par de videos explicativos. Animádevos todos a participar e

colaborar! 

Distribuir contido


by Dr. Radut