Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

1. PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS curso 2024-25

-A quen está dirixido :

  • ao alumnado dos centros de primaria adscritos ao IES Terra de Turonio que  cambian de etapa e entran no instituto en 1º de ESO 
  • ao alumando de 4º de ESO do IES Terra de Turonio que queiran facer reserva de praza en Auga da Laxe para cursar 1º BACH

 

-Prazo de presentación de solicitudes:  

do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 

-Forma de presentación de solicitudes:

a) Sede Electrónica procedemento ED550A. Precisarase a Chave365 ou certificado dixital.

b) Presencial no centro no que estea matriculado actualmente o alumnado. haberá solicitudes en papel na secretaría do centro.

Acceso á aplicación :   admisionalumnado

 

-Publicación de listaxe do alumnado con posto reservado: 22 DE FEBREIRO (tanto no centro de orixe coma no centro de destino)

 IMPORTANTEInformamos que todo o alumnado que solicitou reserva dos centros adscritos están admitidos. Pode consultarse a listaxe no taboleiro interior do centro.

2. PROCEDEMENTO DE SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN curso 2024-25

-A quen está dirixido :

A Solicitude de admisión ordinaria está dirixido ao alumnado que queira facer un un cambio de centro ao que non está adscrito.

Non se poden facer conxuntamente Reserva de praza e Solicitude de admisión. Hai que facer previamente unha renuncia á reserva de praza, no caso que se fixese esta, para poder facer admisión ordinaria

 

-Prazo de presentación de solicitudes:

Do 1 ao 20 de  marzo de 2024

- Forma de presentación das solicitudes  

a) A solicitude preséntase no centro ao que se quere acceder como primeira opción na sede electrónica polo procedemento ED550B na aplicación  admisionalumnado 

Hai que clicar na solicitude de admisión ordinaria.

b) Nas secretarías dos centros ao que queira acceder.

 

-Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:

25 de abril de 2024  

 

3. PROCEDEMENTO DE SOLICITUDES EXTRAORDINARIO  curso 2024-25 

-A quen está dirixido: 

No caso do alumnado que perdese o dereito a participar no procedemento, por solicitudes afectadas por irregularidades ou deficiencias ou as presentadas fóra de prazo.

-Prazo de presentación de solicitudes e resolución

  • Entre o  21 de marzo e o 25 de abril de 2024. Adxudicaranse as prazas despois da adxudicación subsidiaria das solicitudes de admisión ordinaria que non fosen resoltas no seu prazo.
  • Despois do 25 de abril ata o 31 de agosto. Farase a adxudicación ao incio das atividades lectivas

     - Forma de presentación das solicitudes  

a) A solicitude preséntase no centro ao que se quere acceder como primeira opción na sede electrónica polo procedemento ED550B na aplicación  admisionalumnado 

Hai que clicar na solicitude de admisión extraordinaria.

b) Nas secretarías dos centros ao que queira acceder.



page | by Dr. Radut