Skip to Content

Letras Galegas 2018

Estrea do documental QUEIMADOS

 

CONCERTO  DAS LETRAS GALEGAS

 

O IES Terra de Turonio celebra o Día das Letras Galegas o venres día 18 cun concerto do grupo DUDECAN do Val Miñor e a estrea do documental QUEIMADOS producido polo centro.

 

O acto desenvolverase no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o venres 18 a partir das 12.30 hs. e comezará coa proxección do documental QUEIMADOS. Un traballo audiovisual que se acaba de realizar no centro coas testemuñas do alumnado que viviu directamente o impacto dos incendios que asolagaron o Val Miñor no pasado outono. As testemuñas foron recollidas ao día seguinte da vaga de lumes e o alumnado relata con emoción os episodios vividos nas súas familias e os efectos causados na fauna e na paisaxe. O alumnado do ciclo formativo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural gravou imaxes no Monte Galiñeiro e realizou unha analise do impacto dos incendios no propio monte. A montaxe do vídeo foi realizada polo alumnado do centro.

 

ACTUACIÓN DE DUDECAN

 

 

O grupo DUDECAN será o encargado de poñer música á celebración das Letras Galegas. Un grupo de oito compoñentes con duas ex-alumnas do centro e que ven de gañar o concurso de Tolemias Talent.

DudeCan é unha banda galega de Funk/Ska/Mestizaxe que nace en 2016 reunindo a músicos que proveñen de grupos de largo percorrido da escena galega como Kogito - Ska feito na Galiza e a Fanfarria Taquikardia e de formacións emerxentes como Ameva ou Hex.

Esta mistura de procedencias ten un reflexo no estilo da banda que bebe do Funk e o Ska e que suma músicas do mundo con matices de Soul, Rock e Jazz que impregnan tamén os seus potentes directos.

Destacan ao vivo por unha cuidada posta en escea, exercicios de improvisación e interactuación co público e a potencia vocal dunha das voces máis prometedoras da música alternativa galega.

En 2016 poñen a proba o seu directo en numerosas salas do sur de Galicia con gran éxito e rematan de perfilar o que será o seu primeiro traballo de estudo. En 2017 publican o seu primeiro Ep "DudeCan", un cuidado debut composto por 5 temas en galego e inglés e comezan a súa presentación por Galicia e o estado cun novo deseño escénico cheo de forza e orixinalidade.

 



page | by Dr. Radut