Saída Proxecto Lagares

Mañá 11/4/23 realizarase a 1ª das saídas ao río Lagares, coa inestimable colaboración da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Na saída o alumnado descubrirá elementos patrimoniais como lavadoiros, muíños ou presas; ademais de realizar diferentes actividades de recoñecemento de macroinvertebrados e da flora e demais fauna do bosque de ribeira da zona alta do rego Lagares (Cabral-Sello). Por outra parte, nesta saída tamén se realizará unha pequena acción ecoloxista, cunha pequena recollida de lixo na zona de actuación.
Adiante co Proxecto lagares!! #proxectoRíos #ProxectoLagares #ADEGA #edlgmella