EXPOSICIÓN: " EL ROSTRO HUMANO DE LAS MATEMÁTICAS "

Temos no noso centro a exposición “EL ROSTRO HUMANO DE LAS MATEMÁTICAS”, da RSME (Real Sociedade Matemática Española) elaborada no ano 2007 co motivo do Ano da Ciencia. Recolle as caricaturas de 31 matemáticos/as, xunto cunha pequena biografía todo en paneis de tamaño A2.
Nesta exposición amósase unha parte importante dos personaxes que xogaron un papel destacado na Historia das Matemáticas, os máis senlleiros e coñecidos, cinco mulleres que é obrigado presentar pola súa importancia nas Matemáticas e que aínda hoxe en día son pouco coñecidas así como varios matemáticos españois aos que se lle debe tamén un xusto recordo.
Esta exposición será exposta temporalmente no IES Ricardo Mella ata o mes de xaneiro, podendo ser visitada por toda a comunidade educativa.

ExpoRostro

 

Para máis info:

http://divulgamat.ehu.es/weborriak/Exposiciones/ExpoHistoria/Caricaturas/index.asp (páxina antiga de divulgamat onde está a exposición explicada e con imaxes)

Tamén pode ser visitada por alumnos/as doutros centros, previo aviso e acompañados polos seus respectivos profesores.
 

Para os interesados/as achegamos:
1-Enderezo da páxina web onde poderán obter toda a información sobre esta exposición:
http://www.divulgamat.net/    (páxina nova de divulgamat)

 2-Enderezo dun caderno cunha unidade didáctica sobre a Exposición que poderá ser adaptada para a visita.
http://divulgamat2.ehu.es/divulgamat15/index.php?option=com_docman&task=doc_download&gid=686&Itemid=