Iniciar sesión

Secretaría virtual

Campaña Volta ao Cole Cruz Vermella

No arquivo adxunto tedes a información que nos envía a Cruz Vermella respecto a campaña Volta ao Cole.

Número cinco da revista Roulando

Xa podedes ver on line (facendo clic no seguinte enlace) ou descargar (no arquivo adxunto) a nova entrega da revista Roulando. Conta con artigos  e creacións moi interesantes, ademais de debuxos e creacións artísticas. Agardamos que vos guste.

Concerto do Día das Letras

O pasado luns 29, o Centro ofreceu un concerto de High Paw para celebrar o Día das Letras Galegas. O alumnado da ESO puido gozar desta potente actuación e bailar ao ritmo do seu reggae durante aproximadamente unha hora. A artista viguesa deleitounos coas súas letras e puxo ao auditorio do ROU en pé en varias ocasións, unha boa maneira de coñecer estilos musicais e discursos alternativos e de festexar a vitalidade do noso idioma.

Fast fashion

O alumnado de francés de 1º de BACH B/C elaborou varios traballos de investigación en torno á Fast fashion. Este proxecto enmárcase dentro do noso PLAMBE " 2030 Unha odisea no ROU" que este curso xirou en torno o ODD12- Consumo e produción responsables. Parabéns para elas e eles polas súas conlusións que denotan o seu compromiso co mundo que nos rodea a súas ganas de melloralo.

Facede clic na imaxe e accederedes.

Traballando a diversidade a través do cómic

No Club de lectura de francés deste curso, traballamos a diversidade e a igualdade a través do cómic. Se facedes clic na imaxe teredes unha mostra do que fixemos.

Letras galegas 2023

O departamento de Dinamización da Lingua Galega deseñou un Photocall para celebrar o Día das Letras Galegas, onde o alumnado se fotografiou con bocadillos de frases feitas da nosa cultura e caraveis vermellos. Asemade, expuxéronse numerosas viñetas do artista gráfico Luis Davila O Bichero sobre prexuízos lingüísticos.

Fondo solidario libros de texto e axudas

Vense de publicar no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Nos arquivos adxuntos tedes información completa.

Becas alumnado apoio educativo

Veñen de ser vonvocadas por parte do Ministerio de Educación e Formación Profesional as becas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de presentación das solicitudes é do 8 de maio ao 20 de setembro.

Podedes acceder a máis información facendo clic no seguinte enlace.

Día das letras galegas

Dentro das diferentes actividades que levamos a cabo no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas están a realización de marcapáxinas e a realización dun mural levado a cabo polo alumnado de 1º ESO.

Xuntamos taḿén un arquivo sobre a exposición que se leva a cabo na pinacoteca Fernández del Riego.

                                                 

Marcapáxinas solidarios

O alumnado de primeiro e terceiro da ESO, dentro das materias de Debuxo e Proxecto Competencial, deseñou estes marcapáxinas co obxectivo de doar o diñeiro recaudado pola súa venta á fundación Save the Children.

Vendéronse todos os marcapáxinas e ingresáronse 16 euros na conta de Save The Children.

Distribuir contido