Iniciar sesión

Secretaría virtual

Calendario matriculacións

CALENDARIO DE MATRICULACIÓNS:

  • 24 E 25 DE XUÑO: 2º DE BACHARELATO (alumnado de 1º de BACHARELATO DO ROU aprobado na convocatoria ordinaria).
  • 26 DE XUÑO: 2º DE ESO.
  • 27 DE XUÑO: 3º DE ESO.
  • 28 DE XUÑO: 4º DE ESO.
  • 1-2 DE XULLO: 1º DE ESO (alumnado procedente do centro adscrito CEIP FRIAN).
  • 3 DE XULLO: 1º DE BACHARELATO.
  • 4-5 DE XULLO: ALUMNADO ADMITIDO PROCEDENTE DE OUTROS CENTROS.

 

DEBEN RECOLLER OS SOBRES NA CONSERXERÍA DO CENTRO. 3 euros alumnado de 1º e 2º de ESO. 4 euros resto do alumnado. Inclúe seguro escolar.

Horario de secretaría: 09:00 a 13:00

Calendario convocatoria extraordinaria 1º BAC

No arquivo adxunto tedes o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de primeiro de bacharelato.

Boa sorte!

100 % de aprobados nas ABAU

Queremos dar os nosos parabéns tanto ao alumnado como a todo o persoal do centro polo resultado obtido este ano nas ABAU: un 100 % de aprobados. Sen dúbida o froito dun traballo ben feito!

ODS: unha ollada sobre Vigo

Na nosa Ágora podedes atopar a exposición "ODS:unha ollada sobre Vigo" na que alumnas e alumnos de diferentes niveis da ESO e Bacharelato realizaron unha reflexión sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible que traballamos este ano:

  • ODS5. Igualdade de xénero.
  • ODS6. Auga limpa e saneamento.
  • ODS11. Cidades de comunidades sostibles.
  • ODS14. Vida submarina.
  • ODS15. Vida e ecosistemas terrestres.

As materias de Proxecto Competencial, Expresión Artística e Bioloxía traballaron neste proxecto no que tamén participou a Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo. Grazas a súa colaboración realizamos un coloquio no que debatimos a implicación dos cidadáns e das entidades locais na resolución de problemas tan globais como a emerxencia climática, a igualdade de xénero ou a perda da biodiversidade. A Facultade cedeu 5 paneis sobre os obxectivos tratados este ano confeccionados polos seus alumnos.

Estes últimos días de curso aproveitamos para traballar na Ágora e debatir as propostas e impresións dos alumnos sobre estes aspectos.

                                            

                                                               

Programacións 4º ESO

Nos arquivos adxuntos tedes as programacións de 4º ESO correspondentes ao curso 23/24.

Programacións 3º ESO

Nos arquivos adxuntos tedes as programacións de 3º ESO correspondentes ao curso 23/24.

Programacións 2º ESO

Nos arquivos adxuntos tedes as programacións de 2º ESO correspondentes ao curso 23/24.

Programacións 1º ESO

Nos arquivos adxuntos tedes as programacións de 1º ESO correspondentes ao curso 23/24.

Exames convocatoria ordinaria 1º bacharelato

No arquivo adxunto tedes o calendario da convocatoria ordinaria de primeiro de bacharelato.

Boa sorte!

Calendario convocatoria extraordinaria 2º BAC

No arquivo adxunto tedes o calendario da convocatoria extraordinaria de segundo de bacharelato e a das materias pendentes de primeiro.

Boa sorte!

Distribuir contido