Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clases natación

No arquivo adxunto tedes máis información sobre a actividade de clases de natación para este curso 23/24.

Na imaxe tedes o novo horario, que modifica o indicado anteriormente.

Transporte escolar curso 23/24

Nos arquivos adxuntos tedes as paradas de bus e a hora de paso na ida ao instituto. É aconsellable estar na parada 10 minutos antes da hora de paso establecida xa que o horario anterior é aproximado.

Comezo curso 23/24

Como sabemos que tedes moita ilusión porque rematen as vacacións e poder comezar o novo curso, aquí tedes o horario do primeiro día, que será o luns día 11 no salón de actos sen servizo de autobuses:

  • 1º e 2º ESO: comezo ás 10:00 e saída a partir das 11:30.
  • 3º e 4º ESO: comezo ás 11:00 e saída a partir das 12:00.
  • 1º e 2º bacharelato: comezo ás 12:00 e saída a partir das 13:00.

Este luns día 11 non haberá clase pola tarde.

A partir do martes día 12, horario normal con servizo de autobuses.

Premios ESO ao esforzo e á superación persoal

O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023.

Podedes acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calquera medio válido en dereito.

No arquivo adxunto tedes unha ficha informativa sobre os premios.

Os últimos directores

Co gallo da xubilación de varios profesores do instituto, xuntáronse os directores que tivo o noso centro os últimos 25 anos. Aquí tedes unha foto feita para inmortalizar o momento. De esquerda a dereita: Pablo, Cándido, Olga, Eliseo e Portas. 

Relación libros de texto curso 23/24

Nos arquivos adxuntos tedes a relación de libros de texto para o vindeiro curso 23/24. Houbo algún pequeno cambio en bacharelato polo que vos pedimos que comprobedes co novo listado actualizado.

Vídeo graduación 2º BAC

Xa temos o excelente vídeo da graduación do alumnado de segundo de bacharelato feito pola empresa audiovisual de vídeo aéreo, terrestre e fotografía Aerovidal.

Entre os mellores das ABAU

Tal e como publica hoxe o xornal Faro de Vigo o noso instituto, o República Oriental do Uruguai (ROU), está entre os centros con maior porcentaxe de sobresaíntes nas ABAU deste ano.

Os nosos parabéns a ese excelente alumnado.

Datas de interese notas e posibles reclamacións

Indicámosvos datas de interese respecto á entrega de notas e posibles reclamacións:

2º bacharelato:

  • Avaliación + entrega de notas (Abalar + boletíns) + revisións de exames + entrega documentación ABAU extraordinaria: 22 de xuño (xoves)
  • Matrícula ABAU: 23 de xuño (venres)
  • Reclamación cualifiacións: 26 e 27 de xuño (luns e martes)
  • Comunicación resolucións reclamacións: 28 de xuño (mércores)
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: 29 e 30 de xuño (xoves e venres)

No arquivo adxunto tedes os modelos de reclamación (dispoñibles tamén no centro).

ESO e 1º bacharelato:

  • Avaliacións: 22 e 23 de xuño (xoves e venres)
  • Entrega de boletíns de cualificacións: 26 de xuño (luns) de 10:00 a 10:30 horas nas aulas de cada grupo.
  • Revisións de exames: 26 de xuño (luns) de 10:30 a 11:30 horas (despois da entrega de boletíns)
  • Publicación dixital de cualificacións: 23 de xuño (venres) ás 21:00 horas
  • Reclamación cualificacións: 26 e 27 de xuño (luns e martes)
  • Comunicación resolucións reclamacións: 28 de xuño (mércores)
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: 29 e 30 de xuño (xoves e venres)

No arquivo adxunto tedes os modelos de reclamación (dispoñibles tamén no centro).

Distribuir contido