Iniciar sesión

Secretaría virtual

The Whale

O xoves 9 de marzo o alumnado do IES ROU das materias de Psicoloxía, Anatomía Aplicada e Antropoloxía acudiu aos cines Yelmo do CC Vialia para a visualización da película "The Whale" en versión orixinal. A actividade estivo coordinada pola Biblioteca do noso centro.

As mulleres na arte

Co gallo da celebración do 8M, convén lembrar que a historia da arte está chea de mulleres artistas esquecidas, pouco valoradas e mal consideradas por desempeñar esta profesión nunha época onde a supremacía masculina era aplastante. Por todas elas e polo seumagnífico traballo vai esta exposición no IES ROU.

Nos arquivos adxuntos tedes uns estupendos catálogos creados pola Asociación A Roldana, un colectivo que loita pola inclusión das artistas no currículo educativo.

Vigo en inglés 2023

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a máis información sobre o programa Vigo en inglés 2023. Recordámosvos que o prazo de entrega de solicitudes é do luns 6 ata o venres 17 de marzo.

 

Conte avec moi

O luns 27 de febreiro, o alumnado de francés de 1º e 2º de ESO disfrutou e participou activamente nun obradoiro de contos africanos, animado polo profesor e narrador Samuel Montoumnjou. “Conte avec moi” é un proxecto educativo que xira en torno aos contos e a narración. A actividade, organizada polo Departamento de francés e a bliblioteca do centro, foi elaborada para reforzar a comunicación oral en lingua francesa e a súa aplicación práctica lévase a cabo a través de actividades de interacción e mediación. Os numerosos obxectivos deste proxecto son pedagóxicos, linguísticos,literarios, culturais, interculturais e lúdicos.

Os profes tamén na radio

A profesora Esther Quinteiro, que coordina a Radio do instituto, organizou un obradoiro para explicar ao profesorado o seu funcionamento.

Contra a violencia sexual

O centro vén de instalar na ágora do instituto un Punto Violeta xunto coa exposición "Violencia sexual na xuventude" co gallo do vindeiro 8 de marzo, Día da muller.

Exposición STEMbach

Onte tivo lugar na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da UVigo a lectura do traballo de STEMbach Estudio de biomasa algal residual como fuente de biocombustible por parte do alumno de segundo de bacharelato, Gonzalo Chorén. 

Na foto podemos ver ao alumno xunto á directora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, Elena Alonso, e os profesores da Escola María Salomé Álvarez e Francisco Javier Deive (titor do proxecto), así como os profesores do noso instituto María Méndez (coordinadora STEM), Victoria Alonso e Pablo José Martínez (director). O noso agradecemento a todos eles.

Parabéns por un traballo ben feito. 

Celebrando o día de Rosalía

Neste 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no instituto. O alumnado de 1º da ESO (na foto vemos a Adrián, Candela, Marina e Isabella) plantou unha roseira  conmemorativa e leu poemas da autora. A natureza e paisaxe son un motivo recorrente na obra de Rosalía de Castro, ben sexa cun valor simbólico, como a rosa, ou como expresión do galeguismo e dos sentimentos.

Tamén gravamos na Radio un podcast centrado en Rosalía e este aspecto temático da súa obra no que participou alumnado de 4º ESO (Antón e Leo) e 2º Bacharelato (Uxía e Eva).

No Faro de Vigo

O noso programa de intercambio con alumnado francés de Rennes é obxecto de noticia no Faro de Vigo. Se facedes clic no recorte poderedes acceder ao contido da información.

Integración

Coa colaboración do alumado do club de lectura ROULEMOS, inuguramos na Ágora do centro o punto de encontro e de integración. Unha instalación visible, no centro neurálxico do noso edificio onde toda a comunidade educativa expresa o seu rechazo a calquera tipo de discriminación e expón os valores en positivo que pretendemos conseguir para os nosos adolescentes, fillos e alumnos galegos do século XXI. A mensaxe é clara:


LIBÉRATE
GÚSTATE
TOLERA
BICA
IMAXINA
QUÉRETE
PENSA EN POSITIVO

 

Distribuir contido