Iniciar sesión

Secretaría virtual

Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro, durante a semana do 24 ao 28 de abril, a Biblioteca do centro colocou na ágora unha mesa de “libros orfos que buscan un fogar” co obxectivo de cambiar libros por outros libros ou por roupa de segunda man en bo estado.

Sabela Hermida no noso centro

Este 24 de abril celebramos o Día do Libro coa charla de Sabela Hermida, actriz e autora do libro María Casares fronte ao espello da editorial Xerais. A charla, organizada por Biblioteca e o EDNL, foi dirixida ao alumnado de 1° de bacharelato que se achegou así á importante actriz María Casares, símbolo do exilio e figura fundamental da cultura da segunda metade do século XX. Sabela Hermida agasallounos tamén cunha entrevista (levada a cabo polas alumnas de primeiro de bacharelato Mencía Qiu, Sofía, Irene e Silvia) gravada na radio. Sen dúbida foi un bo xeito de celebrarmos todo o que nos pode ofrecer un libro.

Podedes acceder á entrevista facendo clic no seguinte enlace. 

              

Benvido Frian-Teis

O mércores estivo coñecendo o instituto o alumnado do CEIP Plurilingüe Frian-Teis que o vindeiro curso formará parte do noso centro. Realizaron un pequeno recorrido por distintas dependencias (salón de actos, laboratorios, aulas, cafetería, biblioteca...) guiados por algúns dos actuais alumnos (nas fotos aparecen Lucía, Caludia e Alexandra).

Estamos convencidos de que saíron contentos e con gañas de que comece o vindeiro curso.

Benvidos!!

Premios extraordinarios bacharelato

Veñen de ser convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23. O prazo de solicitudes é do 26 de abril ao 25 de maio e a data da proba será o 14 de xuño. Toda a información está dispoñible na Orde do 20 de marzo de 2023,  DOG do 3 de abril de 2023

No arquivo adxunto tedes un resumo coa información máis relevante.

Para acceder a máis información e coñecer os lugares de realización da proba facede clic na seguinte ligazón.

Aprendendo en familia

Seguindo co ciclo formativo “Aprendendo en familia” desde a ANPA queren invitarvos a unha terceira actividade dirixida a nais e pais.  Será impartida por Lucía Simón (psicóloga) do Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo e terá lugar no noso centro o próximo xoves 27 de abril ás 16:30.

 

Tedes máis información no documento adxunto.

 

Semana Blanca

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasou o alumnado de 2º e 3º ESO na Semana Blanca organizada polo noso centro. 

Premios extraordinarios ESO

Vense de publicar no DOG a convocatoria dos premios extraordinarios ao rendemennto académico correspondentes ao curso 2022/23. Para acceder á información podedes facer clic nos enlaces que aparecen a continuación:

Xúntase un documento resumo con indicacións importantes.

As nosas, entre as mellores

Dúas das nosas alumnas (Sheila Díaz e Noa Cernadas) atópanse entre as candidatas a ser elexidas na gala do deporte como mellores promesas da cidade no 2022. O resultado saberémolo o próximo día 20 de abril na Gala do Deporte.

Os nosos parabéns e moita sorte!

Se queredes acceder a máis información, clicade no enlace, onde poderedes ver a noticia publicada no Faro de Vigo.

                       

Premios extraordinarios bacharelato

Vense de publicar a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato, dotados con 1 000 € cada un (para ver toda a información podedes facer clic no seguinte enlace).

O alumnado interesado en participar pode poñerse en contacto coa dirección do noso instituto.

Distribuir contido