Publicada a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Prazo do 16 ao 27 de novembro
Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-21.
Presentan solicitude os que teñan algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Lugar: de forma presencial no centro educativo.
Achegamos ficheiro co resumo da Orde, solicitude (Anexo I) e información coas características do material hixiénico e o DOG publicado o 13/11/2020
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde 6.11.20 . Máscaras.pdf | 3.27 MB |
DOG 13.11.2020.pdf | 608.65 KB |