Convocatoria para o xoves, día 19/5/22 dirixida ao alumnado e as familias:
O xoves informaremos do proceso de matrícula ordinaria da ABAU, pago das taxas e instrucións
Achegamos arquivo coa circular que entregaremos o día 19 de maio no salón de actos do centro de 9:00 a10:00 horas. Convócase a todo o alumnado que aprobe 2º de bacharelato (calquera familiar que quera tamén poderá asistir).
Informaremos sobre o proceso de matrícula na ABAU, CICLOS e UNIVERSIDADE e entregaremos os seguintes impresos:
Impreso de pago das taxas para as probas ABAU, poden descargalo da web da CiUG
Impreso de taxas para pagar o título de bacharelato. Achegamos instrucións e modelo cos códigos, este modelo entregarase o 19 na cita co alumnado. O ABONO DAS TAXAS DE TÍTULO SE FARÁ O 23 DE MAIO, DÍA DO PECHE DAS ACTAS DE AVALIACIÓN.
Circular sobre o proceso, datas, sede , contactos, etc
Calendario probas ABAU
Instrucións aplicación NERTA
Instrucións CiUG e protocolo ABAU
Aplicación Nerta: https://www.edu.xunta.gal/nerta/ (nesta aplicación se obtén datos do alumnado , reclamacións, matrícula etc)
Páxina da CiUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia):
Nesta web poden informarse sobre o proceso, notas de corte, ponderacións, oferta de grados, lexislación etc.
O IES non matricula ao alumnado nos grados da Universidade. Achegamos arquivo co calendario de solicitude de admisión nas Universidades de Galicia (SUG) 22/23
AVISO IMPORTANTE: a secretaría do IES matriculará na aplicación NERTA ao alumnado, estes terán acceso ao NERTA dende o 19 , día da entrega presencial das notas, ainda que non estean matriculados na ABAU, polo tanto só terán información sobre datos persoais ata que a secretaría lles matricule.
No momento que matriculemos na aplicación, esta xera un código de usuario ao estudante no seu email.
Achegamos CIRCULAR (adxunto).
¡Moita sorte!. Atentamente.
Secretaría do IES Primeiro de Marzo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
calendario_preinscricion GRADOS UNIVERSIDADE.pdf | 188.98 KB |
oficio ABAU 2022.odt | 100.63 KB |
protocolo_abau.pdf | 249.47 KB |
PAGO DO TÍTULO E MODELO.pdf | 2.44 MB |
MODELO MATRÍCULA ABAU.pdf | 1.05 MB |
MODELO PAGO TAXA ABAU.pdf | 365.96 KB |