CALENDARIO DE ADMISIÓN PARA FP BÁSICA. CURSO 20.21

Requisitos para acceder á FP Básica:

Ser proposto/a polo equipo docente.

Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.

Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

Ter cursado o terceiro curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

CALENDARIO:

Presentación de solicitudes: desde o día 1 ao 11 de setembro ás 13:00 horas.

Listaxe de alumnado admitido e non admitido: 14 de setembro.

Oferta: 18 prazas para FP Básica de Actividades domésticas e limpeza de edificios

Matriculación: 15 de setembro en secretaría do IES de 10 a 12 horas.

Documentos para a matrícula: certificación estudos, DNI pais, DNI alumno, Tarxeta sanitaria, Libro de familia, certificado médico (se é preciso para Alerta Escolar), 2 fotos tamaño carnet e pago do seguro escolar de 1,12 euros na conta do IES: ES12 2080 5015 68 3040014348