Secretaría

NOTIFICACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias: Á espera de ver como evoluciona a situación covid, e medidas a tomar, contamos con convocar ás familias de alumnado que accede por primeira vez ao centro a unha reunión de presentación previa ao inicio do curso e, se a situación o permitise, retomaríamos as reunións coas familias do alumnado dos demáis cursos. (Avisaremos pola web).

Entretanto, reiterar os parabéns polo comportamento do alumnado no curso 2020-21 e colaboración das familias e desexar un feliz verán.

O equipo directivo

PRAZAS PARA CICLO SUPERIOR DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA. SETEMBRO

 

Impresos: modelo que poden imprimir da aplicación (apartados 2.2.1 ou 2.2.2,) tamén se entregan na secretaría do centro .

Documentación para a matrícula ; 2 fotos, seguro escolar para menores de 28 anos, (información na web), nº da conta do centro: ABANCA  ES12 2080 5015 68 3040014348  (1,12 euros), certificación de estudos, copia do DNI e da tarxeta sanitaria.

 

NOTA: Temos 18 prazas liberadas, a matrícula é presencial en horario de atención ao público de 9:00 a 13:30 horas

 

Listaxe de adquisión de material escolar. Vales concedidos

Publicada a relación de vales concedidos para a adquisión de material escolar no arquivo adxunto.

Horario de conserxería para recollelos:

Xullo: de luns a venres de 9:30 horas  a 13:00 horas

Agosto: de luns a vernes de 10:00 horas a 12:00 horas

Calendario Setembro 2021

Calendario de Setembro

No seguinte documento adxunto poderán descargar o calendario de setembro que inclúe as datas de realización dos exames extraordinarios de setembro, as datas de recollida de notas e outra información do seu interese.

PROBAS ACCESO AOS C. SUPERIORES. LUGAR, DATA E HORARIO

SEDE:

CIFP Valentín Paz Andrade

DATA: 18 de abril

Instrucións para as probas no arquivo adxunto

PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA(PEM). CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS

 

PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA (PEM). CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS

O plan estratéxico de mellora é un documento deseñado para desenvolver  uns obxectivos estratéxicos a través dunhas liñas de actuación que van dende o apoio ao alumnado vulnerable, os cambios das actitudes no centro ou o melloramento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe e de organización,  e que se concretan en accións transformadoras dos centros. Como membros da comunidade escolar, remitimos ás familias este cuestionario para analizar as súas respostas e tratar de mellorar o noso centro educativo.

Enlace directo ao cuestionario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8cHOtac-7EzaDToOY6tdlsgqLgCC4LH4PguYeFO_jaDxDeg/viewform?usp=sf_link

Data límite 30 abril

Comunicado conxunta da Xunta de Galicia, ONGS e asociacións sobre a crise humanitaria en Ucraína

Xuntamos no arquivo o comunicado conxunto das asociacións, ONGS e Xunta de Galicia sobre a crise humanitaria polo conflito bélico en Ucraína.

VACACIÓNS DO NADAL

Lembrámoslles que as vacacións de Nadal comenzan o 22 de decembro e finalizan o 9 de xaneiro, voltaremos ás clases o luns, 10 de xaneiro de 2022.

Aproveitamos a ocasión de toda a Comunidade escolar para desexarlles moi Felices Festas e un bo Ano Novo.

Unha aperta.

 

 

Horario de secretaría

Horario de inverno de luns a venres : dende as 9:00 h. ata as 14:00 h.

Horario de verán (mes de xullo) de luns a venres: dende as 9:30 h. ata as 13:00 h.

Distribuir contido