Secretaría

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. Censo familias. Modelo candidatura

Aprobado pola Xunta Electoral o calendario de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 2021.

Xuntamos ficheiro do calendario, ficheiro co censo das  familias e modelo de presentación á candidatura (sector familias)

ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL. RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

Achegamos arquivo coa acta do sorteo de membros da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do Consello Escolar do centro.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. CURSO 2021/22

Para a Renovación Parcial do Consello Escolar é preciso facer o sorteo dos compoñentes, titulares e suplentes, que constituirán a Xunta Electotal. Dito sorteo, de carácter público, levarase a cabo o venres 29 de outubro ás 11:00, seguindo as instruccións da Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro).

O mércores 3 de novembro ás 11:00 farase constitución da Xunta Electoral cos membros elexidos, tras convocatoria previa.

 

Para mais información consultar o documento adxunto.

 

Matrícula en ciclo superior de Animación sociocultural e turística. Prazas vacantes

Admisión:

Vacantes: 17 prazas en cada un dos sete  módulos de 1º curso.

O proceso e os prazos para dar cumprimento á devandita disposición adicional primeira serán: – As prazas de módulos que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. – Para tales efectos, o día 4 de outubro, os centros educativos farán pública no taboleiro de anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo. – A matrícula farase no prazo comprendido entre o 5 e o 8 de outubro, por estrita orde de chegada de solicitudes de maneira presencial. – O proceso de matriculación neste réxime rematará ás 13:00 horas do día 8 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

FESTIVOS LOCAIS NO CONCELLO DE BAIONA

INFORMAMOS DOS FESTIVOS LOCAIS DE BAIONA ( días non lectivos)

 

24 DE SETEMBRO: San Cosme e San Damián

 

1 DE OUTUBRO: Festa da Arribada

LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO CURSO 21.22. FPB

 

Publicación : 15/09/2021

Achegamos arquivo coa listaxe.

AVISO: inicio de curso o 16 de setembro, horario de 8:30 a 14:00 horas

Documentación que entregarán en secretaría (se non o fixeron con anterioridade):

Copia tarxeta sanitaria e copia dos DNI pais e alumno/a, pago do seguro escolar (1.12 euros), dúas fotos, certificación académica do último curso, declaración responsable (covid 19) e autorización uso de imaxe, impreso de transporte.

Teñen esta información publicada con anterioridade nesta mesma páxina.

O prazo para solicitar beca por estudos de FP é ata o 30 de setembro, se fai en liña por internet na páxina do Ministerio (MEC).

 https://www.becaseducacion.gob.es/

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/t...

 

NON HAI PRAZAS DISPONIBLES

COMUNICACIÓN AS FAMILIAS DO INICIO DE CURSO 2021/22

Comunicación ás familias:  Inicio curso

Desde o IES Primeiro de Marzo damos á benvida ao curso 2021-2022, aínda condicionado pola pandemia que nos obriga a gardar o protocolo covid (na web para inicio de curso) para seguir facendo deste centro un centro seguro e con ensino presencial.

 Inicio, con incorporación gradual que facilite a información e práctica do protocolo:

 - 15 de setembro (horario habitual de 8:30 a 14 horas) : 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 1º Bach

- 16 setembro (horario habitual de 8:30 a 14:00 horas): Todos os grupos, de ESO, FPB, Bacharelato e Ciclo Superior

 

Convocatoria familias de alumnado (no posible só un único representante por cuestión covid) de 1º ESO  e 1º Bacharelato:

 - Luns 13 de setembro

-  Horario: ás 17:00 h.1º ESO;

                  ás 18:15 h. 1º Bach

Lugar: Pista cuberta

Obriga uso de máscara

 AVISO importante:

 - NON se pode acudir ao centro en caso de presentar algún síntoma covid

- As familias, diariamente, deberán cubrir a autoenquisa (non hai que enviala ao centro) para detectar posible sintomatoloxía.

- Deben cubrir e asinar o documento “Declaración responsable” e presentalo en Conserxería entre as 8:30h e as 14:00 h. ou, escaneado, a través do correo electrónico con data límite o día de incorporación do alumno ou alumna ao centro.

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA FP BÁSICA ACTIVIDADES DOMÉSTICAS E LIMPEZA DE EDIFICIOS. PRAZOS

CALENDARIO:

Presentación de solicitudes: desde o día 1 de setembro ao 1o de setembro ás 13:00 horas

Listaxe de alumnado admitido e non admitido: 15 de setembro

Reclamación á listaxe. 16 ao 17 de setembro

Matriculación: do 15 ao 22 de setembro (Preferiblemente o día 15 polo inicio de curso)

Documentación matrícula: 2 fotos, seguro escolar (pago en ABANCA 1,12 euros), certificación académica, copia do  libro de familia, copia do  DNI pais /titores, tarxeta sanitaria  e DNI do alumno/a

Horario de atención na secretaría de 9:30 a 13 horas

NORMATIVA: DOG nº 137 do 22/7/2015

REQUISITOS:

Para poder cursar estudos de formación profesional básica o alumnado debe cumprir os requisitos seguintes de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na formación profesional básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

 

HORARIO DE MATRÍCULA. CONVOCATORIA DE SETEMBRO

CALENDARIO DE MATRÍCULA E HORARIOS :

4º ESO/ 1º E 2º BACHARELATO A MATRÍCULA SE ENTREGARÁ O DÍA 7 DE SETEMBRO DE 9:30 A 13 HORAS

1º/2º/3º ESO A MATRÍCULA SE ENTREGARÁ O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 9:30 A 13 HORAS

NOTA IMPORTANTE:

O SOBRE DE MATRÍCULA COAS INSTRUCIÓNS TERÁ QUE RECOLLELO EN CONSERXERÍA O DÍA DA ENTREGA DE NOTAS O LUNS 6 DE SETEMBRO, ESE MESMO DÍA TAMÉN ENTREGARÁN NA BIBLIOTECA DO CENTRO OS LIBROS EN PRÉSTAMO.

 HORA E LUGAR da entrrega de notas :
9:00h: 1º ESO A: Aula 04/ Devolución libros na biblioteca: 09:15h.
1º ESO B: AULA 08/ Devolución libros na biblioteca: 09:15h.
1º ESO C: AULA 10/ Devolución libros na biblioteca: 09:15h.
2º ESO A: AULA 07/ Devolución libros na biblioteca: 09.45h.
2º ESO B: AULA 09/ Devolución libros na biblioteca: 09.45h.
2º ESO C: AULA 11/ Devolución libros na biblioteca: 09.45h
10:00h: 3ºESO A: AULA 13/ Devolución libros na biblioteca: 10.15h.
3º ESO B: AULA 15/ Devolución libros na biblioteca: 10.15h.
3º PMAR: AULA 03/ Devolución libros na biblioteca: 10.15h.
4º ESO A: AULA 16/ Devolución libros na biblioteca: 10:45h.
4º ESO B: AULA 14/ Devolución libros na biblioteca: 10.45h

1º FPB: A TALLER COCINA

10:30h: 1º BAC A: AULA-17
             1º BAC B: AULA 12

Distribuir contido