Taboleiro

AVISO: FESTIVO DOCENTE. 7 DE DECEMBRO

LEMBRAMOS QUE O 7 DE DECEMBRO NON HABERÁ CLASES POR SER FESTIVO DE EDUCACIÓN, POR TANTO RETORNAN AS CLASES O LUNS, 11 DE DECEMBRO.

SAÚDOS.

CONCURSO .DECORACIÓN NAVIDEÑA DAS PORTAS DAS AULAS.

 Tedes toda a información no Arquivo Adxunto

CONVOCATORIA FOLGA TRABALLADORES 24 DE NOVEMBRO( organismos públicos e sector privado)

Infórmolle que o Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou unha convocatoria de folga xeral para a totalidade das persoas traballadoras das empresas e organismos públicos de España, que se iniciará ás 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e rematará ás 23.59 horas dese mesmo día.

CONSULTEN NO DOG DO  23/11/2023

"VICEPRESIDENCIA PRIMERA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
JUSTICIA Y DEPORTES
ORDEN de 22 de noviembre de 2023 por la que se establecen los servicios mínimos dirigidos a garantizar los servicios esenciales durante la huelga convocada para el día 24 de noviembre de 2023."

 Achegamos en arquivo adxunto o relativo aos servizos mínico no ámbito educativo

MAGOSTO 17/11/23

Este Venres teremos a celebración do Magosto no noso centro, e polo unha fantástica ocasión para desfrutar en conxunto... que non todo vai ser libros, apuntes e exames Sorriso

O horario oficial para todo o alumnado e profesorado será de 12:20 a 14:00 horas.

Durante estas 2 sesións haberá reparto de castañas asadas, preparadas polo alumnado do Ciclo Básico de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios, así como Música ambiental, Obradoiros e Xogos Populares organizados polo alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística.

En concreto, o alumnado de Ciclo está preparando o “Desafío Magosto”, consistente nun circuito de xogos populares, que ó completarse dará dereito a participar no sorteo duns pequenos agasallos.

Sobre as 13:45 finalizarán os xogos, e comezará o momento de recollida e limpeza, que debería ser compartida por todo o alumnado e profesorado

Que viva o Magosto!!

Saúdos.

26 DE SETEMBRO, FESTIVO LOCAL

FESTIVO LOCAL EN BAIONA:

O centro permanecerá pechado o martes, 26 de setembro

PRAZAS VACANTES EN CICLO SUPERIOR

Rematado o proceso de admisión e matrícula polo réxime ordinario, amplíase a oferta modular para o réxime de persoas adultas

Prazo extraordinario do 18 de setembro ao 22 de setembro en 1º curso de ciclo superior de animación sociocultural e turística,

Oferta: 14 prazas

Normativa: Decreto 114/2010 do 1 de xullo

Normas de convivencia e normas de funcionamento do centro

A dirección do centro publica as Normas de funcionamento do centro e as Normas de convivencia para toda a comunidade escolar.

COMUNICACIÓN AS FAMILIAS DO INICIO DE CURSO 2023/24

Comunicación ás familias:  Inicio curso

Desde o IES Primeiro de Marzo damos á benvida ao curso 2023-2024

 Inicio:

 - 11 de setembro (horario habitual de 8:30 a 14 horas e de 16:10 a 17:50 horas) : Todos os grupos agás Ciclo Superior

11 de setembro Ciclo Superior: 1º ASCT (10:30) e 2º ASCT (11:30). O resto da xornada será a habitual dos Luns, ata as 14:00h, e pola tarde de 16:10 a 18:40 horas.

Haberá servizo de transporte escolar

 

Distribuir contido