Skip to Content

ESCOLA DE NAIS E PAIS E PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

28/05/2019

Este luns, á tardiña, presentamos ás nais e pais dos rapaces que comezan no instituto o próximo curso o noso centro. Falámoslles da organización da nova etapa académica que van cursar os seus fillos e fillas e da nosa liña de traballo, do noso proxecto educativo. E tamén da escola de nais e pais. Aproveitamos esta primeira xuntanza para unha das sesións informativas que, dentro desta actividade formativa, parte do propio centro: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención, impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers no noso IES, entre outros, durante varios cursos. As súas conclusións han de sernos, sen dúbida, de moita utilidade. Necesarias. 

Ao rematar, mostrámoslles os diferentes espazos do instituto: os corredores coas exposicións dos traballos deste curso, a biblioteca, a aula de xogos, as aulas do proxecto perseveira, a Sala Perseveira, a aula de Espazo Maker, a radio... 

 

  



story | by Dr. Radut