ÉXITO NO 1º CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
26/02/2019
Excelente participación dos nosos rapaces e rapazas no 1º Campionato Provincial de Campo a Través para centros educativos celebrado no Estadio Municipal de fútbol de Noia, á que chegaron tras a clasificación na fase intercomarcal celebrada no Loreto.
Os resultados obtidos foron fantásticos! Primeiros por equipos en categoría masculina cadete e cun destacado segundo posto na clasificación individual de Alejandro Vázquez Calo. As rapazas, terceiras por equipos na categoría cadete.
Parabéns!!!
- APIs de Blogue
- Calendario