Skip to Content

DO CORAZÓN DA MATERIA AO INTERIOR DAS ESTRELAS

08/11/2018
 
No marco do Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de ciencias de 4ESO, 1º e 2º de bacharelato, asistiu á charla de Héctor Álvarez Pol, dentro do programa de divulgación do IGFAE, Instituto Galego de Física das Altas Enerxías.


 

Nun cm3 de auga (o tamaño dun dado) caben 35 millóns de millóns de millóns de átomos. Se cada átomo fose do tamaño dun campo de fútbol o núcleo (que contén case toda a masa) sería do tamaño dun chícharo. O resto é baleiro.

O físico guiounos nesta charla nunha viaxe dende o pequeno núcleo atómico ao máis grande que coñecemos, o universo, con paradas nas estrelas, que conectan ambos mundos ao seren as reaccións nucleares as responsables dos distintos tipos de radiación que estas liberan.

 Os estudos sobre a historia e a constitución do universo nos aceleradores de partículas e as múltiples aplicacións prácticas da física nuclar (diagnóstico médico, radioterapia, datación por carbono14, fusión nuclear, etc...) fan desta disciplina un campo de investigación cheo de posibilidades.

Posibilidades que contamos en galego. Que podemos investigar en galego. Que podemos aprender e ensinar en galego!!!



story | by Dr. Radut