Skip to Content

A EDAR, NA RUTA DA AUGA

21/06/2018

Na materia de Bioloxía, as alumnas e os alumnos de 1º de ESO B, investigaron sobre a EDAR que puideron coñecer na Ruta da Auga e queren compartilo con nós.

 

 

 

A auga residual é aquela que procede das nosas casas, despois de usala e consumila. O seu retorno ao medio debe realizarse coas mellores condicións, por iso, ten que ser tratada nas EDAR.

 

O funcionamento básico dunha EDAR implica unha serie de tratamentos que van en serie:

1.-Filtración, para quitar os fragmentos máis grandes (follas, paus, plásticos,…).

2.-Separación da area, que queda precipitada no fondo, e da graxa, que queda en suspensión

3.-Eliminación da materia orgánica mediante microorganismos, que se alimentan dela.

4.-Desinfección da auga mediante lámpadas de luz ultravioleta, a cal elimina os microorganismos que poidan causar enfermedades ao inxerilos.

 

 

 

Despois de realizar todos estos tratamentos, a auga xa está lista para volver ao medio. Esta auga non é potable, é dicir, non a podemos consumir. De todos os xeitos, ao non ter contaminantes nen físicos, químicos ou biolóxicos, pode resultar útil reutilizándoa para regar antes de vertela ao río ou ao mar.

 

A eficacia dunha EDAR depende do concello onde esté situada, pero de todos os xeitos, cada un de nos, pode poñer o seu graniño de área para contribuír ao seu mellor funcionamento.

 

Que podemos facer?

  • Ducharnos en vez de bañarnos, e que as duchas sexan curtas.

  • Non esquecer pechar as billas se estamos lavando os dentes ou se estamos enxaboando.

  • Reparar as goteiras ou perdas de auga.

  • Encher a lavadora para aproveitar ao máximo a auga utilizada.

  • Regar o xardín utilizando auga de choiva.

  • Non tirar ao WC as toalliñas nin bastonciños, nin calquera outro obxecto que non se poida degradar.

  • Nunca botar polo fregadeiro aceites, xa que contaminan un volume moi grande de auga.

  • Usar, na medida que se poida, deterxentes ou limpadores ecolóxicos.

Este é o esquema da EDAR de Porto do Son que puidemos coñecer na Ruta da Auga:

1.Pretratamento

2.Desareador e desengraxador

3.Reactor biolóxico

5.Decantación secundaria

6.Desinfección por raios UV

 

 

 



story | by Dr. Radut