Skip to Content

APRENDER A COMUNICAR CON MONCHO FERNÁNDEZ, ADESTRADOR DO OBRADOIRO

08/06/2018

O alumnado do Ciclo e de IAEE de 4º de ESO participou no programa EDUMOTIVA nun encontro con Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro, quen impartiu a charla "Aprender a comunicar, clave no desenvolvemento persoal e profesional". Sorprendeunos cunha charla que se enmarca na tematica transversal do IESON de este ano: a comunicación. Comezou falando das súas dificultades iniciais para falar en público na súa etapa como profesor e como, grazas á motivación e a certas estratexias, puido controlar os seus medos e medrar cara a obxectivos favorables para a súa proxección profesional.

Unha persoa moi cercana que soubo conquistar o alumnado e profesorado e mostrarlles vías para poderen sacar beneficio das súas aprendizaxes. Como xa esperabamos, Moncho non defraudou a ningún dos presentes, e moito persoal do instituto afeccionado ao baloncesto aproveitou a súa presenza para coñecer máis preto o home que se esconde tras o mito, ao "alquimista de Pontepedriña".

 



story | by Dr. Radut