Skip to Content

CONCURSO FOTOGRAFÍA

VII CONCURSO NACIONAL REPORTAXE FOTOGRÁFICA "PEÓN, NON ATRAVESES A TÚA VIDA"    
 

2016stopaccidentesSTOP Accidentes convoca o VII concurso nacional reportaxe fotográfica "Peón, non atraveses a túa vida" co fin de promover na cidadanía unha reflexión visual sobre a mobilidade no ámbito urbano e interurbano.

Os participantes deben destacar os comportamentos de risco dos usuarios vulnerables nas contornas urbanas e interurbanas a través dunha reportaxe fotográfica que permita reflexionar sobre as causas e consecuencias dos sinistros de tráfico, para promover unha nova cultura da Seguridade Viaria como contribución á redución dos índices de sinistralidade.

Solicítase a realización dunha fotografía que exprese de forma gráfica as condutas de risco e/ou inadecuadas dos condutores de vehículos a motor, ciclistas e/ou peóns, así como os perigos aos que deben enfrontarse en canto a mobiliario, sinalizacións inadecuadas, barreiras arquitectónicas, etc., dentro do ámbito urbano e interurbano. Tamén poderá enfocarse a mostrar boas prácticas ou a lanzar unha mensaxe de prevención e concienciación viaria.

Considerarase válido incluír na fotografía un texto ou slogan. Valorarase a creatividade, a súa orixinalidade e a súa mensaxe en materia de Seguridade Viaria.

Presentación das fotografías: enviaranse vía e-mail a stopmadrid@stopaccidentes.org en formato JPG e un máximo de 18Mb. Neste e-mail incluirase unicamente o título da fotografía (de carácter obrigatorio) e un número de teléfono para a posterior identificación, non figurando ningún dato persoal máis. No caso de que se presenten dous traballos, ambos deberán levar o seu propio título.

Premios:
Premiaranse as tres mellores fotografías, onde o xurado valorará tanto a concienciación como a creación artística. 
1º premio: 300 euros en metálico, unha cámara fotográfica Fujifilm XQ2 valorada en 300 € aprox. doada por Fujifilm e un álbum fotográfico valorado en 200 € doado por Dinasa.
2º premio: 200 euros en metálico, unha columna de son con Bluetooth doada polo Corte Inglés e un álbum fotográfico valorado en 200 € doado por Dinasa. 
3º premio: unha tarxeta regalo do Corte Inglés valorada en 150 euros.

O prazo para presentar as fotografías estará aberto ata o 15 de xuño de 2016

Máis información en http://stopaccidentes.org/concursos-seguridad-vial/vii-concurso-nacional-peaton-no-atravieses-tu-vida/gmx-niv53-con1107.htm



page | by Dr. Radut