Skip to Content

COMPETENCIAS DIXITAIS E OFIMÁTICA

CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA    
 

cemitA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Organización do curso
1. Número de prazas: 180.

2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 5 de setembro ao 27 de novembro do ano 2016.

Contido
1. No curso desenvolveranse os seguintes temas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).
2. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

Solicitudes
As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal)
As 180 prazas dispoñibles asignaranse por sorteo.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2016.

Máis información no DOG do 8 de xuño de 2016 e en https://cemit.xunta.gal/



page | by Dr. Radut