Skip to Content

CURSO DE MEDIACIÓN EDUCATIVA

Curso de Mediación Educativa en Conflitos Xuvenís 2º Edición    
M

conflitos_mediacionCurso gratuito de Mediación Educativa en Conflitos Xuvenís 2016 – 2º Edición

 

Obxectivo: Facilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís. 

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.

Criterios de selección.

A admisión ao curso virá dada pola orde de presentación das solicitudes de inscrición e coas prioridades que a continuación se especifican:

1º- Solicitantes que non acadaron praza na anterior convocatoria do 04/05/2016.

2º- Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos.

3º- Resto dos solicitantes.

Número de horas: 25 (4 horas presenciais e 21 a distancia).

Número de prazas: 30.

Contidos:

  • O conflito como proceso e oportunidade para o cambio
  • Educar para a convivencia e prevención de conflitos
  • Comprender e analizar as situacións de conflito
  • A mediación educativa como estratexia na abordaxe de conflitos
  • Proxectos de mediación no ámbito educativo

Modalidade: Semipresencial.

Sesión Presencial: Martes 14 de xuño de 10.00 a 14.00 horas.

Centro de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil  en Santiago de Compostela.

Data de inscrición: Do 25 de maio ao 8 de xuño de 2016.

Data prevista de realización:  Do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2016.

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

Información.

Centro Coordinador de Información  Xuvenil

Telefono: 881 997 604 / 881 997 607

Correo electrónico para información xeral: informacion.xuventude@xunta.es



page | by Dr. Radut