Skip to Content

PROGRAMAS DE XUVENTUDE E MOBILIDADE

Semana Cultural 040 SM.jpg

 

Os alumnos do ciclo formativo Condución de actividades físico-deportivas no medio natural, que se oferta no noso Instituto, participaron nun seminario informativo sobre os Programas de voluntariado europeo (SVE) e o proxecto La IdA, centrado nas estancias transnacionais de formación para realizar prácticas formativas en empresas europeas.

O desenvolvemento destes programas de xuventude e mobilidade estivo a cargo da Fundación Paideia, contando coa colaboración da oficina municipal de información xuvenil (OMIX), o servizo de orientación laboral do Concello e o departamento de orientación do Instituto. Os principais contidos que se explicaron foron as convocatorias que hai, os requisitos que se esixen para a súa solicitude. a que van dirixidos, que cobertura ten o programa.... Asimesmo, tamén se explicou o Programa de Garantía Xuvenil de activación para o emprego, podedes ter máis información sobre el na páxina web http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/es/

Na exposición participou unha voluntarias italiana, que estaba a realizar as prácticas nesa Fundación en Padrón. Contou a súa experiencia no programa do SVE, as dificultades do principio, o que lle resultou máis chamativo, os nosos costumes, a súa relación coa xente de aquí, as áctividades de lecer e tempo libre, e a tristura que sentía porque se lle estaba esgotando o tempo de estar en Galiza. O seu relatorio, lémbranos ao slogan de Erasmus+: "cambiando vidas, abriendo mentes".

Na páxina web  http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html atoparedes información sobre os distintos programas de mobilidade europeos.

 



page | by Dr. Radut