Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Septembro 10, 2018
Martes Septembro 11, 2018
Mércores Septembro 12, 2018
Xoves Septembro 13, 2018
Venres Septembro 14, 2018
Sábado Septembro 15, 2018
Domingo Septembro 16, 2018
Luns Septembro 17, 2018
Martes Septembro 18, 2018
Mércores Septembro 19, 2018
Xoves Septembro 20, 2018
Venres Septembro 21, 2018
Start: 15/08/2018
End: 21/09/2018


Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019

Podedes consultar aquí (neste enlace, ou no arquivo adxunto) o caderno coas informacións básicas do IES.

Martes Outubro 02, 2018

O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, a campaña de dinamización social da lingua galega que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña tráenos ao IES a María Lado e Lucía Aldao. 

Na biblioteca,

de 11:10h a 12:00h, 4ESO A e B

de 12:20h a 13:10h, 4ESO C

 

 

Venres Outubro 05, 2018

Comezan as charlas da asociación antidroga Renacer; organizadas polo departamento de Orientación, forman parte do Plan de Convivencia e o Plan de Acción Titorial. Terán lugar o 5, 6, 7, 13 e 22 de novembro, segundo o organigrama exposto na sala de profesorado. 

 

O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, é a campaña de dinamización social da lingua galega que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e que está a levar polos centros xornalistas, pintores, cineastas, poetas, editoras, músicos.... Son referentes na cultura galega, fixeron e fan da lingua galega e da identidade galega a base dos seus traballos e das súas creacións.

Connosco, este martes na biblioteca, estiveron Aldaolado,  Lucía Aldao e María Lado. Porque si. Porque son poetas, porque contan en galego, cantan en galego, porque senten e comunican en galego… Porque rin. Porque nos fan rir. Porque conmoven. Porque moven… 

Entra no blog da biblio, ETIKELES, para ler sobre esta actividade do EDLG, o equipo de biblio e o departamento de Lingua Galega. Conseguiron enganchar o alumando de 4º de ESO!

 

 

 

Martes Outubro 09, 2018

O luns ao mediodía xuntámonos un curso máis na biblioteca para botar a andar de novo os clubs de lectura. O éxito da actividade vai medrando! Cando menos, un luns ao mes, habemos de compartir xornadas que nos irán unindo arredor do mundo dos libros! Nesta primeira sesión botamos man dos títulos dos libros para facer poesía! Entra no blog da biblio para ver como foi o primeiro encontro!

Mércores Outubro 10, 2018

Taller de GALP (Grupo de Acción Costeira), “Flora e fauna das nosas rías” para 2º de ESO. Dentro do tema interdisciplinario do curso: a sostibilidade. Realizarase nas aulas no seguinte horario:

De 8:20h a 09:10h, 2º C (TIT.)

De 12:20h a 13:10h, 2º A (FQ)

De 13:10h a 14:00h, 2ºB (David)

Distribuir contido


by Dr. Radut