Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA.
Start: 29/11/2017 09:03
End: 29/11/2017 09:03
Prevista para comezos do mes pasado, finalmente o alumnado do ciclo puido realizar a semana pasada a saída a Penatrevinca. Andando por esas terras de Ourense estiveron tamén na Cántara de A Moura e nas termas de Outariz. Podedes seguir as súas actividades tamén no seu Facebook buscando por "Ciclo de Actividades Físicas no Medio Natural". Sandra Becerra estivo o venres pasado co alumnado do ciclo. Forma parte do programa de actividades da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela "Dinamización e fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo": como saír da zona de confort, autoemprego, oportunidades dos medios tecnolóxicos, espectativas de futuro... Sen dúbida, unha xornada ben aproveitable!
Esta semana desenvolvemos algunhas das actividades arredor da educación afectivo-sexual que se enmarcan no Plan de Acción Titorial. Delas forman parte as charlas impartidas pola asociación Faraxa, dentro do seu plan de servizos educativos. A organización foi a seguinte: 1º de ESO: Educación afectivo-sexual. 2º de ESO: Desigualdades e violencias cotiás vinculadas ao xénero. 3º de ESO: Educación para a saúde. Enfermidades de transmisión sexual e métodos de protección.
|