Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Septembro 21, 2017
Start: 21/09/2017 21:20

Van xa alá uns días do comezo de curso. Recibimos de novo o alumnado do curso pasado que continúa no centro e damos a benvida aos rapaces e rapazas de 1º de ESO e aos mozos e mozas do Ciclo.

Procuramos un obxectivo básico: formar persoas nos ámbitos académico e persoal. Agradeceremos que toda a comunidade educativa -entendida nun sentido amplo: profesorado, alumnado e familias, mesmo o pobo en xeral- traballe xunta para tal fin. 

Dámos por comezado o curso escolar 2017-18.

Sábado Outubro 07, 2017
Start: 07/10/2017 16:35

Un curso máis o equipo de biblioteca bota a andar os dous clubs de lectura para alumnado. O primeiro, para mozos e mozas de 1ESO a 3ESO e o segundo de 4ESO a 2BACH. Lembramos con cariño o alumnado que rematou o curso pasado despois de estar connosco tantos anos, mais... acollemos con ilusión os que continúan e as caras novas. Mesmo vimos de iniciar un club de adultos, que tenderá pontes ao club do IES da Pobra do Caramiñal. Entrade no blog da biblioteca para saber en que andamos enredados... Poesía, títulos de libros, as lecturas escollidas...

Start: 07/10/2017 16:49

Xa o curso pasado abrimos unha canle de información cos servizos médicos para coñecer como actuar nos casos de Alerta Escolar. Pero consideramos importante incidir no tema un ano máis. Este mércores pola tarde, puidemos recibir os consellos de tres doctoras; permitirannos estar máis preparados para actuar en posibles casos de urxencia e encarar mellor os aspectos académicos que puidesen derivar de determinadas situacións. No noso ánimo sempre está presente o benestar do alumando! Dende aquí agradecémoslles que tivesen aceptado asesorarnos, fóra das súas horas de traballo (e, por suposto, tamén ao profesorado que asistiu o seu interese).

Luns Outubro 09, 2017
Start: 09/10/2017
Martes Outubro 10, 2017
Start: 09/10/2017
End: 10/10/2017

Se falamos de COMUNICACIÓN no ámbito científico, non podemos esquecer a importancia da divulgación como medio para facer accesible a ciencia a todo tipo de público. O papel que veñen desenvolvendo dende o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC neste eido nos últimos anos, fai posible que dende moitos recunchos de Galicia todos aqueles que estean interesados poidan  ver dende un telescopio planetas, nebulosas, estrelas...

O programa Todocosmos, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), achegou tamén a astronomía ao noso IES. O 10 de outubro, ao solpor, os alumnos do ciclo e de 2º de bacharelato recibiron unha charla sobre orientación a través do ceo nocturno e sobre a vida das estrelas. A conferencia foi organizada polo departemento de Física e Química e impartida polo investigador Pedro Pablo Campo. Tras un paseo por buratos negros, estrelas de neutróns, xigantes vermellas..., os nosos alumnos e alumnas aproveitaron para preguntar a un experto moitas desas cuestións que nos facemos a miúdo sobre os misterios do Universo.

A continuación observamos Saturno e os seus aneis, a nebulosa do anel e algún cúmulo de estrelas.

Agradecemos á USC e á FECYT esta xornada tan interesante!

Xoves Outubro 12, 2017

Alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato visitaron a semana pasada a exposición "A saga do bacalhau"" no Museo Marea. Organizada polo profesor Raúl Soutelo, do departamento de Xeografía e Historia, enmárcase nun proxecto didáctico de fomento entre o alumnado do "coñecemento empírico da importancia da pesca e das actividades derivadas dela nas sociedades costeiras na época contemporánea". A exposición que pertence ao Museo Marítimo de Ílhavo, en Portugal, está a percorrer varios puntos de Galicia no marco do proxecto Morada Atlántica.

Como ben sabedes, o bacallau é un dos referentes gastronómicos de Portugal. Destrás desta tradición hai unha dimensión económica, política e cultural da que dá conta a mostra. Formada por obxectos relacionados con esta actividade que levou a moitos mariñeiros a Terra Nova e Groenlandia e polo testemuño do xornalista australiano Alan Villiers -un libro, un filme e unha reportaxe fotográfica de 1951-, fálannos dun duro traballo non moi afastado da nosa propia historia. 

 

Luns Outubro 16, 2017
Start: 16/10/2017 14:04

FOLLETO INFORMATIVO

DE COMEZO DE CURSO

 

Información para nais e pais sobre:

Estrutura orgánica do IES.

Normas xerais de convivencia.

Asociacións e representación de pais e alumnos.

Claustro de profesores.

Representantes do Consello Escolar.

Actividades que se realizan no IES.

Horario académico do centro.

Horario de visitas e oficina.

Plan de estudos: ESO

Plan de estudos: Bacharelato.

Formación profesional: Ciclo.

Calendario de avaliacións.

 

 

Start: 16/10/2017 23:49

Xa hai uns anos Fanfarra de soños estivo connosco para levarnos ao mundo do teatro na radio. Este ano traballaremos o tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN e da súa man veñen xa os nosos primeiros pasos, grazas a esta actividade ofrecida dende a Área de Xuventude do Concello. O blog da biblioteca recolle este obradoiro no que o alumnado creo a peza Unha noite de Samaín. Ficamos á espera de poder escoitala!

Podedes ler máis nesta entrada do blog da biblioteca:

Distribuir contido


by Dr. Radut