Prevista para comezos do mes pasado, finalmente o alumnado do ciclo puido realizar a semana pasada a saída a Penatrevinca. Andando por esas terras de Ourense estiveron tamén na Cántara de A Moura e nas termas de Outariz.
Podedes seguir as súas actividades tamén no seu Facebook buscando por "Ciclo de Actividades Físicas no Medio Natural".
Iniciamos o curso 2017-18, un ano máis, coa Ruta da Auga. Supón o inicio do traballo por proxectos en 1º de ESO, poñer os primeiros chanzos da convivencia desta nova xeración, crear conciencia de grupo, fomentar no alumnado o interese por coñecer o entorno e respectalo, transformar o concello de Porto do Son nunha aula, abrir as portas do centro a todo o que pode estimular o interese pola formación e transformar os mozos e mozas que pasan polo IES de Porto do Son nos seus mellores embaixadores.
Foron guiados polos alumnos e alumnas do Ciclo de Condución de Grupos no Medio Natural. Unha primeira práctica para a maioría, e unha oportunidade de demostrar o aprendido para algúns deles. Teñen no propio centro unha recreación do que puideran ser os seus primeiros "clientes": 60 rapaces novos e os seus profesores! E FIXÉRONO MOI BEN! Podedes velo neste vídeo:
Eva López, profesora do departamento de ED, recibiu esta mañá o alumnado do CEIP de Carnota. Estes querían coñecer o centro e, en concreto, o ciclo de Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural que aquí impartimos e que está a ter unha alta demanda. Non cabe dúbida que a altura da formación impartida polo profesorado está a conseguir que este sexa un centro de referencia neste ámbito.
O alumnado do ciclo participou como voluntario na organización do RAID GALLAECIA WORLDSERIES, que se celebrou entre o 7 e o 14 de Maio de 2017 na zona norte de la provincia de A Coruña (Eume, Ortegal, Ferrolterra). O Raid forma parte das probas da Adventure Racing World Series. Involucrarse, a liña de traballo para adquirir as competencias da súa formación. Unha vez máis, o compromiso deste alumnado e do seu profesorado!!!