Skip to Content

Artigos

David Gaciño, campión!!!

25/11/2017
25/11/2017

O profesor do ciclo, David Gaciño, vén de gañar o Campionato Nacional de Colombia co cabalo "Elaboret". Parabéns para o noso compañeiro polo éxito!!!! 

 

 

O CEIP de Carnota visita o centro para coñecer o Ciclo

16/05/2017 16:40
16/05/2017 16:40

Eva López, profesora do departamento de ED, recibiu esta mañá o alumnado do CEIP de Carnota. Estes querían coñecer o centro e, en concreto, o ciclo de Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural que aquí impartimos e que está a ter unha alta demanda. Non cabe dúbida que a altura da formación impartida polo profesorado está a conseguir que este sexa un centro de referencia neste ámbito.

Xa sabedes que podedes seguilo no Facebook.

O CICLO, VOLUNTARIADO NO RAID GALLAECIA WORLD SERIES

11/05/2017 10:55
11/05/2017 10:55

O alumnado do ciclo participou como voluntario na organización do RAID GALLAECIA WORLD SERIES, que se celebrou entre o 7 e o 14 de Maio de 2017 na zona norte de la provincia de A Coruña (Eume, Ortegal, Ferrolterra). O Raid forma parte das probas da Adventure Racing World Series. Involucrarse, a liña de traballo para adquirir as competencias da súa formación. Unha vez máis, o compromiso deste alumnado e do seu profesorado!!!

 

 

Blog do Ciclo de Actividades Físiscas no Medio Natural

Fai click aqui para ver o blog do ciclo de actividades fisicas no medio natural.



by Dr. Radut