Skip to Content

Calendario escolar 2024/25

Inicio do curso 2024/2025

O inicio da actividade lectiva correspondente ao curso 2024/25 desenvolverase de acordo a este calendario:

  • Día 11/09/2024, ás 8.50 h: inicio da actividade lectiva para o alumnado de ESO e FPB.  O servizo de autobús funcionará con normalidade. O alumnado de 1º de ESO será recibido na aula de usos múltiples por membros do equipo directivo e do profesorado antes de incorporarse á actividade lectiva ordinaria.
  • Día 11/09/2024, ás 13.00: inicio da actividade lectiva para o alumnado das ensinanzas de bacharelato.  IMPORTANTE: o alumnado de bacharelato non accederá ao recinto ata a hora indicada, co fin de non entorpecer o desenvolvemento da primeira xornada lectiva.
  • Día 11/09/2024, ás 17.00 h: ensinanzas para persoas adultas. 

O horario lectivo xeral do centro para este curso será o seguinte (alumnado de ESO, bacharelato e FPB):

  • Entrada: 8.50 h.
  • Primeiro recreo: de 10.30 h a 10.50 h.
  • Segundo recreo: de 12.30 h a 12.50 h.
  • Saída: 14.30 h.
  • Os xoves hai clase pola tarde entre as 15.50 h e as 17.30 h.

O alumnado da ESO ao que se adxudicaron libros de texto do fondo solidario recibiraos no propio centro durante os primeiros días de clase. 

O centro está a traballar nas listaxes de alumnado por grupos e materias. O día 9 de setembro darase a coñecer a través de Abalar o grupo ao que queda adscrito/a cada estudante.

CUALE 2024/25

Xa te podes matricular no CUALE do Colmeiro.

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso no que se prepara ao alumnado para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas de maneira totalmente gratuíta.

Se no curso 2024-2025 estudas 4º de ESO ou ciclo medio, pódeste matricular no curso de A2. Se xa tes o certificado A2 do MCER ou estás en bacharelato, ciclo medio ou ciclo superior, faino no curso de B1.

Accede ao formulario e envía a túa matrícula.

Aberto prazo de matrícula para Educación Secundaria de Persoas Adultas

Queres formarte para obter a titulación de Graduado en Educación Secundaria? O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro acaba de abrir o prazo de matrícula dun curso presencial de Educación Secundaria para Persoas Adultas que che permitirá conseguir esa titulación durante este ano escolar 2024/25. 

A Educación Secundaria de Adultos (ESA) organízase en módulos cuadrimestrais. Os módulos III e IV pertencen ao nivel II e correspóndense con 3º e 4º de ESO. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.

Ponte en contacto con nós e informámoste en detalle.

Fondo solidario de libros de texto 2024: listaxes e vales

O día 12 de xullo de 2024 estarán dispoñibles as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na participación do fondo solidario de libros de texto. As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo.

No artigo 13 da Orde de 7 de maio de 2024 establécese que todas as listaxes serán publicadas "única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar". Polo tanto, a devandita documentación só pode consultarse nas dependencias do centro ou por vía electrónica na aplicación Fondolibros, usando Chave 365 ou o certificado dixital.

Os vales de material escolar poden retirarse das oficinas do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro a partir do día 12 de xullo.

Os libros de texto entregaránselles ao alumnado no inicio de curso, é dicir, a partir do 11 de setembro.

Leonardízate

LEONARDÍZATE

Admisión a ciclos formativos [2024/2025]

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2024/2025.  

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas comezará o 24 de xuño ás 9 horas e prolongarase ata o 4 de xullo ás 13 horas.

A solicitude deberá realizarse mediante un asistente informático vía web para todos os réximes e graos [ciclosadmision]. 

Información de interese:

  • Portal educativo da Dirección Xeral de Formación Profesional [aquí].
  • Instrucións xerais de admisión [aquí].
  • Orde do 15/06/2016, pola que se regula a admisión a ciclos formativos [aquí].
  • Buscador de centros con oferta de FP sostida con fondos públicos [aquí].

Remate de curso [2023/24] | Matrícula [2024/25]

Calendario de fin de curso [2023/2024]: aquí.

Matrícula ESO e Bacharelato [2024/2025]:

Prazo. Entre o 24 de xuño e o 8 de xullo de 2024.

Procedemento de entrega de documentación. Ofrecemos dúas posibilidades:

  • Presencial. Entre 9.00 h e 13.30 h.
  • Telemática. Toda a documentación poderá remitirse ao enderezo electrónico matricula@iespintorcolmeiro.org

Esta é a documentación que empregaremos para realizar a matrícula do alumnado que cursará ESO e bacharelato no 2024/25. Nota/ O impreso de matrícula de cada curso e o documento de consentimento do uso da imaxe son editables (pode cubrilos desde o seu ordenador).

Que documentos hai que entregar? Moi sinxelo:

O impreso de matrícula correspondente + consentimento do uso da imaxe + copia DNI/NIE do alumnado (a copia do DNI só se require para 1º ESO ou para alumnado de nova incorporación ao centro).

Nota/ Pode asinar os PDF sen necesidade de imprimilos, mesmo incorporando unha sinatura "manuscrita". Máis información nesta ligazón.

II Feria de Ciencia

II FEIRA DE CIENCIA

Organizada polo Club de Ciencia Colmeiro en colaboración coa Biblioteca, o EDL, Polos Creativos e O IES Plurilingüe Pintor colmeiro.

Podedes ver un resumo das actividades realizadas no seguinte vídeo:

Protexe o teu medio: A calidade do aire, da auga e da terra de Silleda

Protexe o teu medio: A calidade do aire, da auga e da terra de Silleda

Distribuir contido


by Dr. Radut