Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto 2021: listaxes provisionais

Están dispoñibles as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na participación do fondo solidario de libros de texto.

No artigo 13 da Orde do 6 de maio de 2021 establécese que todas as listaxes serán publicadas "única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar". Polo tanto, a devandita documentación só pode consultarse nas dependencias do centro ou por vía electrónica na aplicación Fondolibros, usando Chave 365 ou o certificado dixital.

Os vales de material escolar poden retirarse das oficinas do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro a partir do día 19 de xullo.



story | by Dr. Radut