Skip to Content

Pagamento do seguro escolar [2021/22]

Todo o alumnado de 3º ESO, 4º ESO, FP, bacharelato e ESA ten que facer efectivo no momento da matrícula o pagamento da cota anual do seguro escolar obrigatorio (1,12 €). O noso centro optou no seu día por aprazar esta xestión, co propósito de facilitar a matrícula telemática e de reducir ao máximo os desprazamentos das familias ao centro e/ou ás entidades bancarias.

Unha vez iniciadas as actividades lectivas, abrimos o prazo para realizar o pagamento das devanditas taxas, trámite que deberá ser realizado polo propio alumnado nas oficinas do centro. 

Para simplificar e axilizar ao máximo este trámite, decidimos aplicarlle un redondeo á taxa oficial, que pasa de 1,12 € a 1 €. Polo tanto, o alumnado dos cursos arriba mencionados deberá facer entrega de 1 € nas oficinas do centro. O prazo para realizar o pagamento rematará o 12 de novembro.



story | by Dr. Radut