Skip to Content

Taboleiro

Spring Week 2024

Desde o día 28 de abril ata o 4 de maio parte do alumnado de 2º ESO do noso centro participará na quenda 3 do programa de inmersión lingüística da Xunta de Galicia SPRING WEEK na localidade de Mondariz, onde utilizarán a lingua inglesa para traballar temas relacionados cos deportes na natureza, enerxías renovables e cambio climático. 

Pódese acceder a información do programa na guía do mesmo [aquí].

Bolsas para estudos postobrigatorios. Precisas axuda?

O 10 de maio pecha o prazo de solicitude de bolsas para o alumnado que teña pensado cursar estudos postobrigatorios no ano académico 2024-2025 (universitarios, bacharelato, ciclos formativos e FP básica). 

Se precisas axuda para formalizar a túa solicitude, ofrecémosche a posibilidade de vir polo instituto para que che botemos unha man. Os días que temos dispoñibles son os martes, mércores e xoves en horario de tarde.

IMPORTANTE: será necesario concertar cita previa nas oficinas do centro ou telefonicamente (986580904).

Os documentos que precisas para poder completar o proceso son, en principio, os seguintes:

  • Documentos de identidade de todos membros da unidade familiar (orixinais, fotocopiados ou escaneados)
  • Número de conta bancaria na que figure a alumna/o.
  • Familia numerosa ou outras circunstancias: documentación acreditativa.

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023/2024

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE.

Prazo de presentación de solicitudes: do 17 ao 30 de abril de 2024.

Recollida de títulos académicos

Recibimos recentemente os seguintes títulos académicos, todos eles correspondentes a alumnado que rematou estudos no ano 2022: ESO, bacharelato, formación profesional básica, educación secundaria de persoas adultas e ciclo medio de actividades físico-deportivas.

Os títulos poden recollerse nas oficinas do centro en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 h.

Bolsas para estudos postobrigatorios [2024-2025]

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (universitarios, bacharelato e ciclos formativos de grao básico, medio e superior). Pode consultarse o texto completo da convocatoria nesta ligazón.

Prazo de solicitudes para o curso 2024/25: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFPD.

Máis información no Portal de bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º ESO e 2º BAC

Publicouse no portal educativo a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24. 

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

  • O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
  • O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Fai clic nesta ligazón para ver unha demo da proba.

Acreditación do alumnado de bacharelato

  • A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
  • O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
  • No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio. 
  • O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas.

Requisitos do alumnado para participar nas probas específicas

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

Convocatoria das probas específicas

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023/24, realizaranse consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.

As probas realizaranse nos centros docentes que impartan a etapa de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.

Prazo de solicitude

As solicitudes presentaranse na Secretaría do centro antes das 14:00 h do 15 de marzo de 2024. O formulario de inscrición está dispoñible no centro ou nesta ligazón.

ABAU 2024: instrucións.

Publicouse recentemente a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25.

Reserva de praza e solicitude de admisión ESO e BAC [2024/2025]

I. Fase de reserva de praza (alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos). Foi admitido todo o alumnado que solicitou praza neste centro. Deberán formalizar a matrícula entre o 23 de xuño e o 7 de xullo de 2024.

II. Fase de solicitude de admisión (alumnado procedente doutros centros).

II.1.Relación de vacantes para o curso 2024/25:

  • 1º ESO: 8 prazas.
  • 2º ESO: 5 prazas.
  • 3º ESO: 6 prazas.
  • 4º ESO: 10 prazas.
  • 1º BAC: 33 prazas.
  • 2º BAC: 23 prazas.

II.2. Prazo de presentación de solicitudes: desde o 1 ata o 20 de marzo.

II.3 Procedemento.

As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse cubrindo un formulario, de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado:

  • Para a opción telemática, o formulario poderá cubrirse na aplicación admisionalumnado. No caso de que opte por utilizar esta aplicación, teña en conta que cando confirme a solicitude se xerará un informe en pdf.

Para presentar a solicitude poderá:

  • Entregar a documentación no centro educativo de primeira elección.
  • Presentala en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

II.4. Notas de interese.

  • O alumnado que estea matriculado no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.
  • Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
  • Para renunciar a un posto reservado será necesario ter presentado un escrito de renuncia no centro docente coa data límite do día 28 de febreiro de 2024. Para renunciar a unha solicitude de admisión ordinaria anterior (do 1 ao 20 de marzo) terá que presentar unha nova solicitude ED550B en prazo na que terá que cubrir os datos que aparecen no recadro “Supostos específicos”.

III. Normativa e documentación de referencia:

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 para alumnado de 1º e 2º de bacharelato

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. Pode consultar a convocatoria nesta ligazón.

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído).

Probas libres para a obtención dos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e bacharel [2024]

Publicada no DOG a Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización.

Os prazos de matrícula serán:

  • Primeira convocatoria: do 5 ao 21 de febreiro de 2024.
  • Segunda convocatoria: do 8 ao 19 de abril de 2024.

Publicada a Resolución do 5 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 15 e o 28 de febreiro de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut