Publicada a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.
Prazo. Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.
Presentación. Hai tres maneiras de presentar a solicitude:
- De xeito manual e presencial (Secretaría do centro).
- Con creación de solicitude na aplicación Fondolibros e presentación presencial.
- Con creación de solicitude na aplicación e presentación electrónica [procedemento ED330B].
Documentación necesaria. As persoas interesadas deberán achegar os Anexos I e II da solicitude, que poden descargar desde Fondolibros [descarga dos Anexos I e II]. Tamén poden solicitar unha copia en papel nas oficinas do centro. Os devanditos anexos entregaranse xunto coa documentación que corresponda:
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025 deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Outra documentación de interese: