Skip to Content

Probas para a obtención das titulacións de graduado en ESO e bacharel [2020]

Publicada a Resolución do 24 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Publicada a Resolución do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

Máis información no sitio web de educación de persoas adultas.

Probas de acceso a ciclos formativos [2020]

A web corporativa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa informa da convocatoria de probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2020. 

O prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos de grao medio comeza o 2 de marzo e finaliza o 13 de marzo.

As persoas solicitantes só poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación informática Ciclosprobas. Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoller aquelas solicitudes que foran realizadas a través da devandita aplicación.

Documentación de interese:

  • Información de carácter xeral [aquí]
  • Orde da convocatoria [aquí]
  • Calendario do proceso [aquí]
  • Información probas de acceso ciclos de grao medio [aquí]
  • Información probas de acceso ciclos de grao superior [aquí]

Bacharelato STEM

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro informa de que o centro ten a intención de pedir a súa inclusión no STEMBach (Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía) para comezar o vindeiro curso. Esta modalidade pretende promover as vocacións científicas do noso alumnado, o traballo cooperativo e o acceso aos coñecementos científicos. Este novo bacharelato inclúe as seguintes novidades:

Aberto prazo de matrícula para o módulo IV da ESA

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro ten aberto o período de inscrición e matrícula para o alumnado que se incorpore ao módulo IV das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas (ESA). Este trámite pode formalizarse entre os días 8 e 17 de xaneiro.

Nesta ligazón pode consultar as condicións de acceso ao devandito módulo e os cadros de equivalencias con outras ensinanzas do sistema educativo.

A actividade lectiva comezará o día 10 de febreiro.

Balbino en vinte linguas

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro uniuse ás celebracións do aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas coa lectura en vinte linguas dos primeiros parágrafos de "Memorias dun neno labrego".

Fai clic nesta fotografía para ver o vídeo do acto.

Servizos mínimos para o 12 de decembro

As organizacións sindicais CIG, CC.OO., ANPE, UGT, STEG e CSI-F comunicaron a convocatoria dunha folga que afectará o persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 12 de decembro de 2019.

Publicamos a relación de persoal docente que atenderá os servizos mínimos, segundo o disposto na Orde do 28 de novembro de 2019 (DOG de 4 de decembro):

  • Susana Calvo Peña (Xefa de Estudos)
  • Xesús Fernández Sulleiro (Director)
  • Xosé Fuentes Rodríguez (Secretario)
  • Javier Mª López Rodríguez (Vicedirector)
  • F. Javier Poch Gutiérrez (X.E. Adultos/as)

Xornada de acollida das familias do alumnado da ESO

O xoves 3 de outubro terá lugar a sesión de acollida das familias do alumnado da ESO. A actividade dará comezo ás 18.00 horas.

Fondo solidario: listaxe definitiva dos libros adxudicados

Nesta ligazón poderá consultar a listaxe dos libros de texto que lles foron adxudicados ás alumnas e alumnos de de ESO que participaron na actual convocatoria do fondo solidario. 

Os libros iránselles entregando ao alumnado nos próximos días. É importante que as familias teñan en conta que o centro non dispón neste momento de todos os exemplares adxudicados, polo que as entregas se irán axustando ás reservas dispoñibles. Agardamos que o proceso estea concluído no prazo máis breve posible.

Bolsas para estudos postobrigatorios [2019-2020]

Está aberto o prazo de solicitude de bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no ano académico 2019-2020 (bacharelato, ciclos formativos e FP básica). 

Prazo de presentación: desde o 1 de agosto de 2019 ata o 1 de outubro de 2019.

As solicitudes deben formalizarse na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional [aquí].

Máis información:

Normas de organización, funcionamento e convivencia [2019]

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro estivo a traballar durante este curso na actualización das Nomas de organización, funcionamento e convivencia (NOFC).

O documento foi revisado polos seguintes órganos colexiados: Comisión de Convivencia, Comisión de Coordinación Pedagóxica e Claustro do Profesorado. Finalmente, foi aprobado polo Consello Escolar na súa sesión ordinaria do 11 de xullo de 2019. 

Distribuir contido


by Dr. Radut