Skip to Content

Bioloxía

Día internacional dos océanos

O 8 de xuño se celebra o Día Internacional dos Océanos, unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos para todas as especies e para o equilibrio ecolóxico do planeta.
O alumnado de 4° da ESO uniuse a esta celebración participando na elaboración dun vídeo no que representan parte da enorme biodiversidade dos océanos. Con el queren poñer en valor a riqueza e beleza do medio mariño dende fermosas localizacións da nosa costa.


X Olimpíada de Xeoloxía

O pasado mércores 13 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato acudimos á X Olimpíada de Xeoloxía, que tivo lugar en Viveiro.

Os equipos de Xeoloxía mais as profesoras acompañantes, saímos de Burela ás 11:00 da mañá cara a Viveiro. Ao chegar alí, tomamos unha serie de fotografías co resto de participantes da proba procedentes do IES Ortigueira, o IES María Sarmiento e o IES Vilar Ponte.
A proba práctica comezou sobre as 12:00 da mañá despois dunha serie de explicacións que deron os organizadores do evento. Nesta primeira proba, tivemos que facer ... seguir lendo a crónica de Elena Enríquez Peralta de 2º Bacharelato no blogue de Perdourando. 

Prácticas de laboratorio e exposición plástica

O martes 20 de febreiro de 2018 foi un martes diferente para o alumnado de 3º da ESO debido a que fomos de viaxe á Coruña para gozar dunha nova experiencia na Domus e no Museo de Arte Contemporánea.
Ás 8:30 xa estabamos todos sentados no autobús e listos para dirixirnos á Coruña. O primeiro que visitamos foi a Domus, un museo interactivo onde puidemos coñecer distintos aspectos sobre as distintas etapas da vida dun ser humano. Aí tivemos unha práctica guiada ..... seguir lendo a crónica de Luis Pernas e Sergio Alonso no blogue de Perdourando.

Ruta por Alfoz

Esta mañá alumnado de 1º de ESO e de FP Básica asistíu a unha charla sobre ourivería antiga impartida pola Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro. A Conferencia tivo lugar no Castelo de Castrodouro en Alfoz, cuna do Val de Ouro. A continuación o grupo de alumnos recibíu información sobre a historia do castelo e a figura do mariscal Pardo de Cela. Remataron a mañá cunha ruta de sendeirismo ata a fervenza do Escouridal guiados por Pedro, do Freixo dos Lobos, Ecoturismo e Natureza.

 

.... Seguir lendo no blogue de Perdourando.

Fósiles

Os alumnos e alumnas de 4º ESO de Bioloxía elaboraron uns cartaces expostos no pavillón inferior sobre algúns fósiles guía (Ammonita, Micraster, Belemnita, Pygope e Toucasia). 
O obxetivo é coñecer os hábitats e ambientes nos que viviron estes organismos, elaborando unha  ficha informativa que recollera: nome, clasificación, descrición, hábitat, modo de vida e tempo no que viviron. O resultado, estes cartaces tan chulos que serviron para expoñer os datos recollidos na rede aos seus compañeiros e compañeiras.

Os incendios, o abandono do rural e a mudanza climática por Eloi Villada Legaspi

(Burela, 18 de decembro de 2017)

Entre as actividades da nosa Asociación Os Matos encóntranse as charlas, conferencias e encontros con diversos poñentes que nos axudan a coñecer un pouco máis a nosa realidade e o entorno no que vivimos desde diferentes puntos de vista: histórico, xeográfico, económico, social, cultural, patrimonial… conseguindo, deste xeito, varios obxectivos: valorar o que temos, respectalo e difundilo. 
 
Todos sabemos que un dos problemas graves que afectan a Galicia é o dos incendios forestais. Aínda temos na memoria as tristes imaxes ofrecidas polos medios de comunicación dos incendios do pasado mes de outubro, con perdas de vidas humanas e grandes zonas afectadas no aspecto ecolóxico e paisaxístico. 
 
Para falarnos desta problemática convidamos a Eloi Villada Legaspi a impartir unha conferencia na biblioteca do centro sobre “Os incendios, o abandono do rural e a mudanza climática” e destinada ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. O ponente naceu no rural e vive no rural, na parroquia de Fonmiñá -concello de A Pastoriza-. Estudou en Lugo Enxeñería Técnica Agrícola. Durante uns meses dedicouse a vender pensos compostos antes de gañar por oposición unha praza de Técnico da Axencia de Desenvolvemento Gandeiro, incorporándose á delegación de Galicia, na Coruña. No ano 1983 pasou a traballar no Servizo de Produción Vexetal de Lugo, onde empezaron co programa de implantación e mellora de pastos en Montes Veciñais en Monte Común, que durou ata o ano 2015.

“Maquetas celulares”, traballos de 3º de ESO

Na vitrina da entrada do instituto están expostas as fantásticas maquetas celulares realizadas polo alumnado de 3º de ESO, resultado dun traballo expositivo na aula dirixido pola súa profesora de bioloxía, Paula Hermida.
Nas maquetas están representadas células eucariotas animais e vexetais, procariotas .... algunha célula moi especial como a neurona e incluso temos un cerebro!!
O material utilizado para realizalas foi moi diverso: dende fíos e botellas amablemente cedidas por algunha avoa, ata  area, plastilina, un bolo de pan...
Serías capaz de diferenciar todos os tipos celulares?? Anímate e inténtao!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut