Skip to Content

Xornada informativa: Admisión alumnado IES Perdouro

Na data que se indica a continuación celebraremos no IES Perdouro unha xornada informativa relativa ao proceso de admisión.

Data: xoves, 19 de xaneiro

Hora: 18:00h

Esta reunión vai destinada ás familias e alumnado que deban ou consideren cambiar de centro para o curso 2022/2023, co fin de mostrarlles o funcionamento e as instalacións do noso instituto. Tamén ofreceremos información sobre o proceso de admisión para a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.

Para facilitar a organización, abrimos un período de inscrición previa desde o luns 16 ata o mércores 18 de xaneiro, ambos incluídos, ata completar aforo.

En caso de superar o aforo, realizarase unha nova convocatoria para aquelas persoas apuntadas que non puideron asistir.

Para inscribirse, poden facelo por teléfono (982 870 102) ou ben enviarnos un correo electrónico (ies.perdouro@edu.xunta.gal) indicándonos a seguinte información*:

  • Nome e apelidos do pai, nai ou titor/a do alumno/a.
  • Teléfono de contacto.
  • Correo electrónico de contacto.
  • Curso e centro no que está matriculado o alumno/a na actualidade.
  • Indicar o número de persoas asistentes (máximo 2).

Unha vez completado o proceso de admisión, organizaremos novas reunións informativas para o alumnado con praza adxudicada.

O período de reserva de praza en centros adscritos está aberto ata o día 6 de febreiro.

 

Normativa admisión: ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).



page | by Dr. Radut