Skip to Content

1º ESO B, gañadores nacionais do programa de Educación financeira Segura-Mente

O alumnado de 1º ESO B leva meses participando en Segura-Mente, un programa de educación financeira promovido por Abanca. Trátase dun xogo sobre o Camiño de Santiago vertebrado por catro eixes que se van desenvolvendo en minixogos: educación financeira, emprendemento, coñecemento dos ODS e cultura xeral. 

Xa foron gañadores dun premio mensual de 200 € e acaban de gañar a 4ª edición do premio nacional na categoría B (1º e 2º ESO), que consiste en 1000 €!!

O grupo vencedor na categoría A (3º a 6º de Ed. Primaria) foi do CEIP Gonzalo de Berceo de Madrid e o da categoría C (3º, 4º ESO e FP Básica) recaeu no IES Jorge Manrique de Palencia. 

A clase gañadora participou no xogo en rede sobre o Camiño de Santiago e elaborou varios traballos entre os que destaca un libro de receitas para aproveitar a comida e non tirar os alimentos que nos sobran. Ademais, tiñan que planificar a viaxe, xestionar os riscos e imprevistos, decidir os gastos... E fixeron realmente ben!

Moitos parabéns para 1º ESO B e a súa titora, Carmen Castro, que os liderou neste reto!



page | by Dr. Radut