Skip to Content

Erasmus en Alemaña

Tres ex-alumnos recen titulados do IES Perdouro de Burela, viaxarán a Alemaña cunha bolsa de mobilidade Erasmus para realizar prácticas profesionais en centros de traballo de Augsburgo.
 
Serán oitenta días de prácticas non remuneradas en empresas relacionadas cos estudos cursados para estes tres alumnos do Perdouro. Foron tres os seleccionados que se beneficiarán dunha experiencia laboral única. Remataron a súa formación profesional nos Ciclos Medios de Mecanizado, Peitado e Cosmética Capilar e Instalacións en Telecomunicacións. Como recen titulados, estas bolsas proporcionaralles a oportunidade de ter unha experiencia laboral no estranxeiro, de perfeccionar o coñecemento doutro idioma e de coñecer outras culturas e modos de vida. Tamén coñecerán outros métodos de traballo e ampliarán os seus coñecementos co obxetivo de facilitarlles o acceso laboral e mellorar así a súa empregabilidade. A dirección do centro educativo é consciente na necesidade de internacionalizarse e aposta asi pois por abrir as portas de Europa aos seus titulados a través da realización de programas de mobilidade para a formación. 


page | by Dr. Radut