Skip to Content

Abril 2018

"A Mariña pensando en feminino" - Exposición conxunta da Microrrede da Mariña.

Xa contamos co programa da exposición conxunta da Microrrede de bibliotecas escolares da Mariña que terá lugar na Sala Multiusos do Concello de Viveiro e na biblioteca municipal de Viveiro.

Entre os días 7 e 10 de maio de 2018, ambos inclusive, de 18h a 20h, estará aberta ao público unha exposicióntitulada “A Mariña pensando en feminino”, preparada polas bibliotecas escolares que integran a MICRORREDE DA MARIÑA e resultante dun proxecto colaborativo.

Este ano é o séptimo no que as bibliotecas de 14 centros educativos da zona da Mariña veñen a desenvolver un proxecto conxunto para o fomento da lectura nas familias. Dito proxecto trata de involucrar ao maior número de sectores que influen na promoción dos libros, o gusto pola lectura, o intercambio de experiencias e sobre todo, impulsar a colaboración das familias na promoción da cultura e a formación lectora dos seus fillos. O proxecto deste ano titúlase "A Mariña pensando en feminino" e acompáñao un conxunto de actividades dinamizadoras.

Os traballos que aí se presentan teñen un claro componente de xénero e teñen como obxectivo principal dar visibilidade á muller e ao empoderamento da palabra, da figura, da cultura, dos oficios, das voces, das letras, do patrimonio dende o punto de vista máis feminino.


Para o acto de inaguración, contaremos coa actuación da cantante galega GUADI GALEGO, coñecida por unirse á loita contra a violencia machista. A súa canción 'Matriarcas' é unha homenaxe ás mulleres fortes que loitan contra a morea de obstáculos que lles impón a vida só por nacer de sexo feminino. Teremos unha performance do ColectivoLAG. Son Lara Buyo e Ana Corujo, dúas curiosas mentes inquietas graduadas en Belas Artes e cun Máster en Arte Contemporánea. Dedican a súa traxectoria á performance defendendo a arte en parella baixo unha liña que reivindica a igualdade de xénero. Un grupo de escolares cantarán e empregarán a linguaxe de signo para cantar Chea de Vida e Matriarca de Guadi Galego.  A nosa alumna de 1º de bach, Andrea Rivas Villarquide, lerá o seu manifesto "Eu son muller".

Como actividade dimanizadora, este ano traemos un grupo de teatro Adala Infantil, conformado por un grupo de nenas e nenos focenses, que representará a obra "Mamasiña que medo!". A obra conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro moi particulares.

Para clausurar estas xornadas da Microrrede A Mariña pensando en feninimo, un coro de escolares cantaran a Saia da Carolina e a canción dos Maios. Tamén teremos a actuación das Moreninhas, 3 raparigas de Cabo Verde recen chegadas a nosa terra galega que nos cantarán Txica Bonita e No niño novo do vento. Elas tres son o reflexo da integración e da fusión cultural. Contaremos cun encontro literario coa presenza de Rita Morrigan que  sorprende no panorama da novela romántica actual española con libros moi elaborados nas súas historias, con personaxes máis definidos, con mulleres avanzadas para a súa época.



No proxecto A Mariña pensando en feminino participan os centros educativos da zona da Mariña que se citan a continuación:

Regueifando pola igualdade

Estamos super contentxs. "Patacas bravas" clasificado para ir regueifar o 2 de maio.
#Regueipremios #Regueifaexpansiva #Regueifesta

 

Cartel da exposición da Microrrede da Mariña

 
Dúas curiosas mentes inquietas graduadas en Belas Artes e cun Máster en Arte Contemporánea.
 
 
 

De Burela a Santa Comba: andar a terra para coñecela e querela cada vez máis.

O venres 13 de abril o alumnado de 2º de ESO viaxou ata o concello de Santa Comba para encontrarse con alumnos e alumnas do IES Terra de Xallas no marco dun intercambio en lingua galega programado polos Equipos de Dinamización de ambos centros edudativos.
 
Ler a completísima crónica do profesor Bernardo Penabade aquí.
 
Podes acceder à reportaxe fotográfica aquí.

Representación teatral Anágnorise (Letras Galegas)

O xoves 5 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO acudimos á representación da obra teatral Anagnórise na Casa da Cultura do Concello de Burela. Ademais de nós, tamén estaban os alumnos de secundaria doutros institutos da zona.

A obra teatral está baseada no libro de María Victoria Moreno Márquez que nós limos na Semana Santa para facer un exame o día 3 de abril, polo que xa sabiamos a trama e o desenlace da historia.

O espectáculo, que foi interpretado por dous rapaces de Limiar Teatro, comeza co tema de David Bowie que tanto lle gusta a Nicolau, o .... seguir lendo a crónica de LAURA PERNAS no blogue de Perdourando.

 

Obradoiro de xornalismo e pensamento crítico

No mes de abril tivemos, o alumnado de 4º da ESO, varias actividades educativas relacionadas coa tecnoloxía e o mundo dos medios de comunicación e unha delas tivo lugar o xoves día 5 na Biblioteca do Centro impartida por Blanca Díaz, xornalista e especialista en comunicación, que nos fixo reflexionar criticamente sobre o labor xornalístico.

.... seguir lendo a crónica de MARÍA FANEGO no blogue de Perdourando.

Roteiro pola Mariña - 2º ESO

O pasado venres 23 de marzo os alumnos e alumnas de 2º de ESO participamos nun roteiro pola Mariña Central. A primeira das nosas paradas foi en Fazouro para admirar o castro que alí se ergue. Unha parada especialmente interesante, non só pola súa historia, senón tamén pola influenza romana coa que foron construidos. Lugar de especial interese pola .... seguir lendo a crónica de Alba Geada de 2º ESO A no blogue de Perdourando.


by Dr. Radut