Skip to Content

Marzo 2018

Obradoiro sobre racismo, igualdade e valores

Ao longo desta semana, o alumnado de ESO reflexionou sobre o racismo  nun obradoiro conducido por Antoinette Torres Soler, unha muller cubana de raza negra que chegou a España no 2007 a través dun matrimonio mixto.Ela estívonos contando moitas das súas experiencias dende que chegou; xa antes de chegar, a xente dicía que ela se trasladaba a España para conseguir os papeis e para gañar diñeiro e non por amor ao seu marido, co que actualmente leva doce anos casada e ten unha filla. Tamén nos contou a ocasión na que estaba ..... seguir lendo a crónica de JORGE QUELLE - 3º ESO no blogue de Perdourando.

Morre Stephen Hawking, formidable divulgador científico

    En Oxford, Reino Unido, o 8 de xaneiro de 1942, nace Stephen Hawking. Aos seus 21 anos a súa vida cambiaría para sempre ao ser diagnosticado de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), unha enfermidade dexenerativa que o deixou postrado nunha cadeira de rodas. Este 14 de marzo de 2018, aos seus 76 anos, faleceu na súa casa de Cambridge. É autor dunha gran parte dos descubrimentos da astrofísica moderna, como as novas teorías do espazo-tempo e a radiación dos buracos negros.

    Para facer unha pequena reseña sobre este físico teórico, contamos coa colaboración de Cándida Campos, profesora de física e química no IES Persouro de Burela, a cal nos prestou un pouco do seu tempo para contestarnos a preguntas sobre Stephen Hawking para poder saber algo máis sobre el. .... seguir lendo no blogue de Perdourando a entrevista de Andrea Santos Pereiro – 4º ESO B

 

Charla STEM: QUE TEN QUE VER A QUÍMICA CON NÓS?

O venres 16 de febreiro tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro unha charla sobre química (biotecnoloxía, fármacos, plásticos…) para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

O profesor de Química Orgánica da USC, Ricardo Rigueira Vega, falounos sobre a importancia e o uso da química nas nosa vidas e na natureza, así como a súa utilización nos fármacos, nos plásticos… Nesta charla tamén nos definiu palabras como biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía e outras ciencias.

Despois, púxonos exemplos da relación desta ciencia con aspectos da nosa vida cotiá. Por exemplo, coa alimentación e a maneira de cociñar ou de conservar os alimentos. O café non ten o mesmo sabor se o facemos a 90ºC ou a 110ºC, é dicir, coa temperatura a que o elaboramos na casa ou a que se utiliza nunha cafetería. Tamén aprendemos por que os alimentos se conservan grazas ao escabechado ou á curación (deshidratación), etc.

Expuxo tamén o caso de principios químicos naturais como o extraído da semente dun tipo de teixo que se utliza en tratamentos contra o cancro. Como a produción natural non é suficiente, a industria química fabrica un principio químico sintético baseado no natural para poder satisfacer as necesidades a nivel mundial.

Grazas tamén aos avances da bioquímica, a anestesia puido producirse a gran escala, o mesmo que ocorre coa aspirina. A continuación, incidiu na importancia práctica desta disciplina e nas mentiras que sobre ela utilizaron grandes industrias para vender os seus produtos.

Para rematar puxo exemplos de publicidade relacionada coas ciencias para saber o que comprar e o que non.

A charla finalizou cunha rolda de preguntas que o profesor contestou moi amablemente.

Foi unha charla moi teórica pero tamén moi interesante, xa que permitiu ampliar o noso coñecemento tanto de Tecnoloxía, como de Física e Química.


Noel Díaz e Miguel Alves
4º ESO


 

Eu paro - 8 de marzo

Acto revendicativo conxunto celebrado esta mañá entre os dous institutos de Burela. Alumnas e profesoras, xuntas somos máis.
 


A concentración feminista tivo lugar no patio do IES Monte Castelo de 12 h a 14h e interviron varias rapazas de bacharelato de ambos institutos lendo textos, poemas, recitados propios e fragmentos de obras literarias en prol da muller. María Areán, Iria Fernández, Andrea Rivas, Romina Pereira, Clara Iglesias, Florecia Santos, Claudia Olaya e Maka Ledo foron ... seguir lendo no blogue de Perdourando e poder ver os vídeos

Discurso de Andrea Rivas Villarquide no 8M

Esta mañá Andrea Rivas Villarquide, alumna de 1º de Bach, deleitounos con esta revendicación en prol das mulleres na concentración estudantil conxunta entre as alumnas do IES Perdouro e do IES Monte Castelo de Burela no Día Internacional da Muller. Andrea, es unha grande rapaza loitadora. Moitas grazas!!!



 
Son muller porque creo na igualdade.

Porque vivín, porque vivirei.
Vivo por min, por todas as que foron, polas que seguen.
Son muller porque me educaron coa frase “así non se comporta unha señorita”.
Porque non poido falar mal, porque debo sentarme coas pernas pechadas
Porque as persoas senten a necesidade de opinar sobre como elixo comportarme.
Son muller porque me molesta ser chamada “FEMINAZI” por querer unha lei contra o acoso Sufrido nas rúas.
Porque quero un aborto libre sen ser sinalada.
Porque nos mutilaron os xenitais, fomos propiedade dos nosos  pais e das nosas parellas;
Porque nos asasinaron por bruxas, por putas, por monxas, por histéricas, e máis.
Por usar anticonceptivos, por manter relacións sexuais ou por non mantelas.
Son muller porque nos humillaron: por querer estudar,traballar  e gañar o mesmo.
Porque “son culpable” dunha violación, por mor da miña vestimenta.
Porque a xente é ignorante, feminismo non é igual a feminino.
Feminismo significa IGUALDADE
Son muller  e son presa dun sistema patriarcal.
O meu periodo é un tema tabú, o meu vello dá asco, debo esperar o meu principe azul...
E quizais deba, pero NON QUERO!
Non son feminazi como dixo o norteamericano Rush, ao compararnos co holocausto de Hitler. Nin creo que o feminismo sexa a oposición ao machismo.
Actitudes particulares non lle son competencia a un sistema en que económica, social e culturalmente prevalece a supremacía masculina.
Son muller e os estereotipos importanme unha merda.
Podo dicir groserías, comer o que queira, sentarme como me apeteza ,podo  estar con quen desexe, contar os meus logros e ter o meu propio patrimonio.
Son muller porque me visto para min;
porque non espero o meu príncipe xa que non necesito ser rescatada.
porque non aguanto humillacións, porque non quero ser tua nai senón a túa compañeira, porque non nacín da túa costela para ser inferior, porque non necesito que me paguen a conta nin moito menos que me gañen como trofeo.
Son muller porque isto é ser muller.
Polo que vivín, polo que vivirei.
Polas que foron, polas que virán.
Inconformistas, para ser libres transformamos a realidade.
Para ser libres somos feministas!

8M2018

 

Prácticas de laboratorio e exposición plástica

O martes 20 de febreiro de 2018 foi un martes diferente para o alumnado de 3º da ESO debido a que fomos de viaxe á Coruña para gozar dunha nova experiencia na Domus e no Museo de Arte Contemporánea.
Ás 8:30 xa estabamos todos sentados no autobús e listos para dirixirnos á Coruña. O primeiro que visitamos foi a Domus, un museo interactivo onde puidemos coñecer distintos aspectos sobre as distintas etapas da vida dun ser humano. Aí tivemos unha práctica guiada ..... seguir lendo a crónica de Luis Pernas e Sergio Alonso no blogue de Perdourando.

Exposición Mes de namorar

Rematou febreiro, o mes de namorar. Na biblioteca estivo exposta unha selección de novelas, poesías e obras de teatro onde as relacións amorosas eran as protagonistas. Amor, desamor, traxedias, etc...
Accede á selección aquí.


by Dr. Radut