Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/24

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 94, do 19 de maio de 2023): Enlace á nomativa

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 20 de maio ata o día 21 de xuño de 2023, incluídos.

O noso centro está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Soamente poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar o alumnado de ESO.

Formas de presentación:

  • Presencialmente na secretaría do centro: utilice os  Anexo IAnexo II da Orde da convocatoria (podes pedilos na secretaría do centro) e entregar debidamente cubertos e asinados, xunto coa documentación.

  • Presencialmente con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros (https:www.edu.xunta.gal/fondolibros), imprima e asine os Anexos I e II; entregue os Anexos xunto coa documentación, na secretaría do centro.

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

AdxuntoTamaño
Orde 10 maio 2023. Convocatoria Axudas Material Escolar. 2023.2024.pdf1.16 MB
ANEXO I.pdf1.61 MB
ANEXO II.pdf990.39 KB


page | by Dr. Radut