Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025 (ESO e BACH)

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULACurso 2024/2025

Prazo de presentación de solicitude de RESERVA(ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS)

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado *

22 de febreiro

Data do sorteo público para os efectos de desempateLugar: Sala de xuntas C da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Edificio Administrativo San Caetano

27 de febreiro, ás 11:00 horasResultado do sorteo VER

Publicación de postos escolares VACANTES

Antes do 1 de marzo VER

Prazo de presentación de solicitude de ADMISIÓN(NOVO ALUMNADO)

Do 1 ao 20 de marzo

Anexo II_Galego / Anexo II_Castelán

Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

* Publicación das listaxesPROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido

25 de abril

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais

5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

* Publicación das listaxes DEFINITIVAS do alumnado admitido e non admitido

15 de maio

Prazo para formalizar a MATRÍCULA na ESO e bacharelato

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e formalización da matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

* De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta información publicarase no taboleiro de anuncios, que unicamente será visible no interior do recinto escolar.Tamén se publicará unha relación do alumnado de cada curso co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
INFORMACIÓN RELEVANTE
. Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentado solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
3º. En todo caso,A SOLICITUDE DE RESERVA OU DE ADMISIÓN É ÚNICA PARA CADA ALUMNO/A E TEN CARÁCTER VINCULANTE. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar noprocedemento de admisión ordinario (artigo 8 da Orde do 21 de outubro de 2022).
4º. O alumnado e ás familias poderán consultar na aplicación AdmisiónAlumnado, a seguinte información:
  • O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
  • A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
  • A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
  • O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.
5º. A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.

CENTROS ADSCRITOS AOS IES O RIBEIRO:

CEIP San Salvador (A Arnoia)
CEIP Virxe de Guadalupe (Avión)
CEIP Pena Corneira (Carballeda de Avia)
CEIP Castrelo de Miño (Castrelo de Miño)
CEIP Carmen García Carrasco (Cenlle)
CEIP Otero Novas (Cortegada)
CEIP Emilia Pardo Bazán (Leiro)
CEIP de Quins (Melón)
CEIP Plurilingüe Ribadavia (Ribadavia)
CPI Padrenda-Crespos (Padrenda), só en BAC

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

COMEDOR (Xestión Indirecta)

TRANSPORTE: O alumnado matriculado en Bacharelato e en Formación Profesional (ciclos formativos e formación profesional básica) poderán facer uso do transporte coa Tarxeta Xente Nova.

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 
 
 
 
 
 
AdxuntoTamaño
ED550B-C_Admisión.pdf1.38 MB
ED550B-G_Admisión.pdf1.39 MB
Instrucion_1-2023_de_transporte_de_escolares.pdf301.66 KB
Instrucion_3-2023_XI_vfin.pdf336.63 KB
03_resolucion_resultado_sorteo_admision_2024_25.pdf315.16 KB
32015475_Postos Escolares Vacantes_Curso 2024.2025.pdf247.06 KB
Decreto 13.2022. Regula proceso admisión.pdf545.72 KB
Orde 21.10.22 desenvolve Decreto 13.2022_Procedemento Admisión.pdf1.6 MB
Orde do 26 de maio de 2023.pdf857.02 KB


page | by Dr. Radut