Revista viva 2018

E POR FIN! A ACTIVIDADE ESTRELA DA BIBLIOTECA!!!

 

O 29 de maio celebramos no Teatro Principal (e único) a 5ª edición da nosa  “Revista Viva Nós de Nós”.

 

Foi unha actividade lúdico-cultural, aberta a todo o mundo (pais e nais, alumnado, profesorado, persoal non docente...) no que amosamos parte do traballo que, ao longo do curso, elaboraron os rapaces.

 

Así, puidemos escoitar textos gañadores de premios literarios, rapaces que rapearon poemas de Manuel María, ou a obra de teatro que prepararon no club de lectura do IES: “A festa do faiado”, baseada en textos de María Victoria Moreno. E contamos coa estupenda actuación de Najla Shami, a cantante galego-palestina de voz profunda e engaiolante; coa disertación de Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega, que nos falou sobre a vida e obra de María Victoria Moreno; con Xoán Carlos Garrido, que nos falou sobre a recuperación da memoria, a partir do traballo de fotografía recollido polo alumnado de Plástica, e outras moitas actividades, todas ben entretidas e interesantes!!! Tamén entregamos a 6ª edición do premio IES G, recoñecendo a valoración que se fai do galego e da nosa cultura no comercio estradense. Este ano recaeu na tenda de tecidos e costura creativa “Nobelo a Nobelo”. Parabéns, María!!!

 

Foi unha tarde estupenda!

Parabéns a toda a comunidade educativa!

  

E ata a próxima!!!

  

17-18 revista viva  (36)