Revolución dos cravos
O 25 de abril conmemoramos a revolución dos cravos, o levantamento portugués que no 25 de abril de 1974 poría fin á dictadura de medio século e que se caracterizou pola marcha dos militares cos carabeis (cravos en portugués). Os alumnos e alumnas cantaron as letras nun carabel diseñado polo equipo de dinamización lingüística e o departamento de lingua galega.
Visita aos centros de FP: CIFP Xunqueira e CIFP Fontecarmoa
Os alumnos e alumnas de 4ºESO e 1ºFPB visitaron os centros integrados de formación profesional en Pontevedra (CIFP Xunqueira) e en Vilagarcía de Arousa (CIFP Fontecarmoa). Ensinaron as instalacións dos diferentes ciclos de grao medio e superior, da súa oferta académica:
Ciclos de grao básico
- Electricidade e electrónica
- Carpintaría e moble
- Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo
Ciclos de grao medio
- Instalacións de telecomunicacións
- Carpintaría e moble
- Atención a persoas en situación de dependencia
- Carrozaría
- Electromecánica de vehículos automóbiles
Ciclos de grao superior
- Sistemas de telecomunicacións e informáticos
- Mantemento electrónico
- Deseño e amoblamento
- Educación infantil
Cursos de especialización de grao superior
- Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos
FP Dual Grao medio
- Carpintaría e moble e oferta parcial de Deseño e amoblamento
- Electromecánica de vehículos automóbiles
Conta coas seguintes familias profesionais nas diferentes modalidades presencial, a distancia e dual:
Familias profesionais
La casa de Bernarda Alba
O pasado xoves 11 de abril o alumnado de 4º de ESO asistiu á representación teatral de La casa de Bernarda Alba no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Foi una sesión matinal moi didáctica para os nosos rapaces e rapazas, pois tiveron a sorte de poder ver sobre o escenario a obra de Federico García Lorca que xa leran na aula. Foi, ademais, unha actividade entretida xa que despois da representación tiveron a oportunidade de charlar coas actrices sobre varios temas relacionados con esta peza teatral fundamental do século XX. A actividade estivo organizada polo departamento de Lingua castelá e Literatura e as profesoras que acompañaron ao noso alumnado foron Loló, Ana G. e Tere. Sen dúbida, unha saída que ben merece ser repetida en vindeiros cursos.
Polos creativos - Tecnoloxía 1º ESO
Baseándose no kit singular de Pensamiento de deseño, o alumnado de 1º da ESO ven de presentar una serie de proxectos.
PDFs coa descripción dos proxectos:
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR 2024
Lembramos ao alumnado inscrito nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior que se celebrarán o vindeiro 18 de abril e a sede que lle corresponde ao noso centro é o CIFP A Xunqueira de Pontevedra
No seguinte enlace poderase consultar toda a información relativa ás probas.
Visita ao ecosistema dunar da Lanzada
Os alumnos e alumnas de bioloxía e xeoloxía de 4ºESO e 1ºBacharelato asistiron a unha xornada didáctica no medio natural protexido da Lanzada, onde puideron aprender da man da asociación ADEGA de que trata un ecosistema dunar e que especies viven nel. Observamos a incubación dun niño de píllara e fixemos unha recolecta de lixo de 70Kg.
PUBLICACIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025
Todas as solicitudes de Admisión presentadas en prazo neste centro para o vindeiro curso 2024-2025, están admitidas.
As listaxes atópanse publicadas no taboleiro do centro e poden ser consultadas en horario de clase.
II Semana da saúde 2024
Por segundo ano, o Departamento de Educación Física organizou a Semana da saúde, financiado polos programas de Innovación Educativa. Nesta edición, centrouse nas adiccións, sobre todo, nas que está máis relacionadas coa adolescencia e as etapas educativas do centro. Abarcamos todos os cursos, agás o Ciclo Medio de Sistema e 2º de Bacharelato. Ademais, houbo dúas charlas para a comunidade educativa pola tarde, aspecto imprescindible do centro que é traballar coas familias.
VISITA A MEIRANDE E AS SALINAS DO ULLÓ
Na visita a MEIRANDE (Centro de Interprestación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande) o noso alumnado aprendeu moitísimo sobre a famosa batalla de Rande dende un punto de vista histórico e dende un punto de vista tecnolóxico, onde de primeira mán observaron (e explicóuselles como funcionaban) ferramentas da época para calcular a posición dos barcos (astrolabio esférico, cuadrante, ballestilla, compás, etc.) e diversas armas, destacando sobretodo os canóns dos barcos.
Por outra banda, tamén souberon da historia da “Fábrica do alemán” (lugar onde está ubicado na actualidade o museo), e puideron analizar polo miudo as distintas maquinarias que quedaron abandonadas cando a fábrica pechou no 1955, sobresaindo pola sua importancia as autoclaves, unha prensa manual, unha enlatadora e dúas enormes máquinas xeradoras de electricidade.
Na visita as Salinas do Ulló, o alumnado puido pasear pola contorna, disfrutar da diversidade de fauna e flora da enseada de San Simón, perderse polas ruinas da antiga fábrica de salazón é aprender do funcionamento do antigo muiño de mareas alí ubicado.
BOLSAS DE ESTUDO
Aberto o prazo para solicitar bolsas de estudo para estudos universitarios e non universitarios no curso 2024/2025.
Calendario de prazos
• O prazo para solicitar a bolsa da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares). Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.
• O prazo para pedir a axuda de necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/25 espérase que comece en maio de 2024.
Tipos de bolsas
Para que estudos podes solicitar unha bolsa
Curso 2024 / 2025
• Bacharelato
• Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
• Formación Profesional de grao medio e de grao superior
• Ensinos artísticos: profesionais e superiores
• Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
• Ensinos deportivos
• Estudos relixiosos superiores
• Formación Profesional de Grao Básico
Estudos universitarios comprendidos na convocatoria:
• Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos (impartido por universidades públicas)
• Ensinos universitarios para títulos de grao e de máster. Están incluídos:
◦ Os estudos de grao e máster en centros universitarios da Defensa e da Garda Civil,
◦ Créditos complementarios ou complementos de formación para acceder ou obter o título de máster ou grao.
Non se inclúen nesta convocatoria de bolsas:
• Estudos de terceiro ciclo ou doutoramento,
• Estudos de especialización,
• Títulos propios das universidades.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »