Skip to Content
 

Recollida de títulos da ESO e BACHARELATO

Aqueles ex-alumnos/as que teñan rematado os seus estudios ata o curso académico 2016-2017 poden recoller os títulos da ESO e Bacharelato na secretaría do centro en horario de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.

17º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2022

CONCESIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Orde do 28 de outubro do 2021 pola que se regulan os criterios e os procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG 12 novembro 2021)

Xa foron repartidas as máscaras ao alumnado beneficiario de material escolar e fondo libros. De haber algún alumno/a que cumpra coas condicións que veñen recollidas na Orde pero non sexa beneficiario da axuda de material escolar e fondo libros,  poderá facer a solicitude ata o 26 de novembro:

ALUMNADO DESTINATARIO TRÁMITES
Alumnado que fose beneficiario da axuda de material escolar e fondo libros.
Non ten que realizar ningún trámite, a concesión será automática.

Alumnado que, por diversas circunstancias, non fose beneficiario da axuda de material, pero que cumpre algún dos seguintes requisitos:

  • Renda familiar igual ou inferior a 6.000 €
  • Tutelado pola Xunta de Galicia
  • Discapacidade maior ou igual ao 65%

DOCUMENTACIÓN:

  • Anexo I e Anexo II, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330E)
  • Copia do libro de familia
  • No caso de separación ou divorcio: sentencia xudicial e/ou convenio regulador

LUGAR DE PRESENTACIÓN: IES Monelos (09:30 a 13:30h)

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 26 de novembro

Actuación de Zënzar no IES Monelos

Varios compoñentes do grupo "Zënzar" actuaron para alumnado de 3º de ESO o martes 2 de novembro de 2021. Actividade organizada coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do concello da Coruña.
 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

REFERENCIAS LEGAIS

- Resolución do 20 de setembro de 2021

- Decreto 92/1998 - [DOG do 29/04/1988]

- Decreto 324/1996 - [DOG do 9/28/1996]

SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

O día 28 de outubro fíxose o sorteo para establecer a composición dos membros da Xunta Electoral.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

O día 5 de novembro de 2021, dentro do prazo estipulado na normativa anterior, queda constituída a Xunta Electoral que supervisará o procedemento de eleccións de renovación do Consello Escolar. Da súa primeira reunión, sairán aprobados o calendario e os procedementos de participación.

CALENDARIO NOVEMBRO

DÍA 5

          Constitución da Xunta Electoral.

          Apertura do prazo para a presentación de candidaturas.

          Publicación dos censos provisionais.

          Convocatoria de eleccións.

          Ábrese o prazo para a presentación de candidaturas de representantes do profesorado, alumnado e PND.

DÍA 15

          Ás 14:00 horas remata o prazo para presentar candidaturas.

DÍA 16

          Proclamación e publicación de candidatos.

          Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais de pais, alumnado e PND.

          Censos definitivos logo de atender as posibles reclamacións.

          Aprobación das papeletas.

DÍA 22

          Ás 12:00 horas claustro extraordinario informativo e constitución da mesa electoral para a elección dos representantes do profesorado.

DÍA 23

          Ás 09:20 constitución das mesas do alumnado.

          Ás 10:10 e 12:10 claustro extraordinario e votacións en xefatura de estudos.

          Entre as 13:00 e as 14:00 horas e entre as 16:00 e as 18:00 horas farase a votacións de nais/pais.

          Entre as 08:30 e as 14:00 horas farase a votación doa alumnos en cada aula de grupo.

          Reconto de votos, atención das posibles reclamacións e publicación dos candidatos electos.

DÍA 24

          Proclamación dos candidatos electos e traslado de actas á Xefatura Territorial.

Concurso de vídeos: "Día da ciencia en Galego"

Poderá participar todo o alumnado de 3º e 4º da ESO

 

 

Bases do concurso:

 1. O concurso está organizado polo departamento de física e química do IES Monelos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado na inquedanza investigadora no ámbito das ciencias. Expecialmente na física e química. 

3. No concurso poderá participar o alumnado de 3º e 4º de ESO. O experimento terá carácter voluntario. 

4. A proba consistirá na elaboración dun vídeo caseiro sobre un ensaio relacionado coa materia de física e química. A exposición descriptiva terá que realizarse en lingua galega. 

5. O xurado estará formado por un representante do departamento de física e química, educación plástica e visual e o representante do equipo de dinamización da lingua galega. 

6. A entrega dos carteis realizarase antes do martes 30 de novembro. 

7. O martes 14 de decembro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos videos gañadores. 

8. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • 

9. A participación no consurso supón a aceptación destas bases.

Visita do ex-alumno Martín Gallego

O noso  ex-alumno Martín Gallego fíxonos hoxe unha visita para compartir co alumnado de primeiro de bacharelato a súa experiencia laboral en Google en Estados Unidos.

Moitas grazas.

Convocatoria 22-23 das becas da Fundación Amancio Ortega

Inscripcions ONLINE

Páxina web: https://becas.faortega.org

Do 27 de setembro ao 27 de outubro de 2021.

Máis información aquí

PREMIOS EXTRORDINARIOS BACHARELATO CURSO 20-21

Parabens á nosa alumna JULIA GARCÍA  COUCE pola obtención do Premio Extraordinario de Bacharelato correspondente ao curso académico 20-21.

Por aquí deixámosvos unha entrevista que se lle fixo a finais do curso pasado pola obtención de matrícula de honra no bacharelato: aquí

Mural pola igualdade e a diversidade

Mural feito polo alumnado de terceiro de ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut