Skip to Content
 

AXUDASLE - AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2023

Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO (incluído)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo:

- 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva

- 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral

Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos:

Cartel informativo

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Preguntas frecuentes

Prazos a simple vista

IDIOMAS DO MUNDO 2023

Xa está aberto o prazo de inscrición para as solicitudes de participación no programa Idiomas do Mundo 2023, que lle ofrece a oportunidade ao alumnado que cursa 1.º de bacharelato o presente curso 2022-23 de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán para mellorar a súa competencia en idiomas estranxeiros. O prazo remata o 7 de febreiro

A convocatoria establece un mínimo de dez estancias durante catro semanas, preferentemente no mes de xullo, en Irlanda, Francia e Portugal, para polo menos un total de trinta entre os tres destinos.

Máis información aquí

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Están convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2023

 

Prazo de inscrición:

GRAO MEDIO- 27 febreiro – 10 marzo

GRAO SUPERIOR- 23 xaneiro -3 febreiro

 

A convocatoria pódese consultar no DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN  e tamén nas páxinas:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior

Concurso de Ciberseguridade no Cole

O grupo de 1º de ESO A pasou á final do Concurso de Ciberseguridade no Cole!, presentado por Esther Estévez (presentadora do Programa “DígochoEu” de TVG) e que terá lugar o próximo 10 de novembro de 2022 no II Encontro CIBER.gal. 

 

O grupo concursará representado por 2 alumnos acompañados por un profesor, e poderá asistir a presenciar o concurso toda a clase.

Parabéns!

How much do you know about British culture?

A semana pasada recibimos a visita de Damien Sheehy, da Editorial Burlington, que impartíu unhas clases sobre cultura británica para alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO. Foron unhas sesións moi emocionantes nas que o alumnado puxo a proba os seus coñecementos e participou moi activamente. Grazas, Damien, por estas interesantes xornadas!

BECAS AMANCIO ORTEGA CURSO 2022-2023 - ALUMNADO DE 4º DE ESO

Nova entrada peonil e percorridos para chegar a ela

A nova entrada ao instituto para os peóns é a que se mostra nas imaxes adxuntas (premer sobre elas para velas máis grandes) así como os percorridos suxeridos para chegar a ela.

 

Todos os alumnos/as entrarán e sairán por esa porta así como os pais/nais que veñan facer algunha xestión ao centro.

 

O resto de portas quedarán de acceso exclusivo para os vehículos e as persoas con movilidade reducida (cadeiras de rodas, muletas, etc.)

Curso 2021-2022

FONDO LIBROS CURSO 2022-2023

Xa están publicadas as listaxes definitivas cos libros de texto asignados a cada alumno/a. Poden consultalas a través da sede electrónica ou no taboleiro do centro.
O alumnado que teña dereito aos vales para adquirir material escolar pode recollelos na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

RECEPCIÓN DA ALCALDESA DA CORUÑA AOS ALUMNOS CON MELLORES NOTAS NA ABAU

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu onte aos 14 alumnas e alumnos pertencentes a centros educativos da Coruña que obtiveron os mellores expedientes ABAU.

Os nosos alumnos Marta Justo Brañas e Pablo Fernández Rivas (a súa nai na súa representación) asistiron ao acto acompañados da profesora Ana María Rúa Peón.

Inés Rey: "Nunca perdades a ilusión e a cultura do esforzo, fundamentais para o noso día a día. As nenas e nenos terán en vós un inmellorable espello no que mirarse".

Distribuir contido


by Dr. Radut